Fernando Lázaro Carreter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Lázaro Carreter

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1923 Editar o valor em Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de marzo de 2004 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSíndrome de disfunción multiorgánica Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid
Universidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística, xornalismo e crítica literaria Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Heidelberg Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , crítico literario , filólogo , escritor , xornalista , profesor universitario , romanista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Texas en Austin
Universidade de Toulouse (pt) Traducir
Universidade de Heidelberg
Universidade de Salamanca
Universidade Autónoma de Madrid
Sorbona Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresJosé Manuel Blecua Teijeiro (pt) Traducir, Francisco Ynduráin Hernández, Dámaso Alonso e Eugenio Frutos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosSantiago de los Mozos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoMiguel García-Posada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 51242 Find a Grave: 8467110 Editar o valor em Wikidata

Fernando Lázaro Carreter, nado en Zaragoza o 13 de abril de 1923 e finado en Madrid o 4 de marzo de 2004, foi un filólogo e profesor español director da Real Academia Española entre 1992 e 1998.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou o bacharelato no Instituto «Goya» de Zaragoza (1934-1941). Nas súas aulas esperta o seu amor pola literatura José Manuel Blecua Teijeiro (1913-2003), quen anos despois será catedrático de Literatura Española na Universidade de Barcelona. Realizou os Estudos Comúns na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Zaragoza (1941-1943), onde foi alumno de Francisco Ynduráin Hernández (1910-1994), e estudou Filoloxía Románica na Universidade de Madrid (1943-1945). En 1947 doutorouse por esta Universidade baixo a dirección de Dámaso Alonso (1898-1990).

Logrou a cátedra de Gramática General y Crítica Literaria da Universidade de Salamanca en 1949. Foi decano da súa Facultade de Filosofía e Letras (1962-1968). Incorporouse en 1971 á Universidade Autónoma de Madrid como catedrático de Lingua Española. Desde 1978 ata 1988 foi catedrático na Universidade Complutense de Madrid. Xubilouse en 1988 como catedrático de Teoría da Literatura. Ensinou como profesor visitante en universidades de Alemaña (Heidelberg), Francia (Tolosa) e os Estados Unidos (Austin), e como profesor asociado na Sorbona (París III).

Xuntou os seus coñecementos filolóxicos e o seu interese polo xornalismo no Consello Asesor de Estilo do Departamento de Español Urxente da Axencia EFE, do que foi membro fundador. Participou activamente na redacción do seu Manual de Español Urgente (1976).

Desde 1972 ocupo a cadeira R da Real Academia Española —vacante polo falecemento de Luís Martínez Kleiser— e foi o seu director de 1992 a 1998. Preocupouse entón especialmente de financiar a institución coa creación da Fundación Pro Real Academia Española (1993). Este financiamento permitiulle afrontar novos proxectos. Cando abandonou a dirección, xa estaban moi avanzados os bancos de datos informáticos Corpus diacrónico del español (CORDE[1]) e Corpus de referencia del español actual (CREA[2]).

As súas cinzas repousan en Magallón (Zaragoza), localidade da que eran naturais os seus pais e coa que mantivo fortes vínculos durante toda a súa vida.

Pódese agrupar en cinco apartados: estudos lingüísticos, estudos literarios, libros de educación secundaria, artigos xornalísticos e obra teatral.

Obra[editar | editar a fonte]

Estudos lingüísticos[editar | editar a fonte]

  • De acordo co ambiente académico da súa época de formación, a súa primeira obra é un estudo dialectal: El habla de Magallón. Notas para el estudio del aragonés vulgar (1945).[3]
  • Pronto, con todo, demostra orixinalidade nas súas formulacións. A súa tese de doutoramento, Las ideas lingüísticas en España durante el siglo XVIII (1949), constitúe unha das primeiras investigacións sobre historia das ideas lingüísticas e inicia o seu interese por unha época por aquel entón desatendida.[4] Outra obra reseñable sobre a lingüística da Ilustración é o seu discurso de ingreso na Real Academia Española Crónica del Dicionario de Autoridades (1713-1740) (1972).
  • De 1953 é a primeira edición do Diccionario de término filológicos. Tivo dúas novas edicións moi ampliadas (1963) e (1968), e múltiples reimpresións. A pesar dos anos transcorridos, continúa sendo unha obra de consulta de grande utilidade.[5]

Boa parte dos seus escritos de lingüística están recollidos no seu libro Estudios de lingüística (1980).[6]

Estudos literarios[editar | editar a fonte]

O seu labor comprende estudos específicos sobre xéneros e autores literarios, e estudos de teoría xeral da literatura.

  • En investigacións concretas ilumina, ante todo, a literatura do Século de Ouro. Destacan as compilacións de artigos Estilo barroco y personalidad creadora[7] (1966; edición ampliada en 1974), Clásicos españois. De Garcilaso a los niños pícaros[8] (2003) e as súas obras sobre a picaresca: «Lazarillo de Tormes» en la picaresca (1972) e a edición filolóxica La vida del Buscón llamado Don Pablos de Francisco de Quevedo (1965).[9][10]
  • En teoría da literatura incorpora o estruturalismo aos estudos literarios a través dos formalistas rusos e, moi especialmente, da Poética de Roman Jakobson (1896–1982). A súa contribución principal neste ámbito é a compilación Estudios de Poética (la obra en si) (1976), que se complementa con artigos posteriores, varios deles recolleitos en De poética y poéticas (1990).[11][12]

Lázaro foi un reputado conferenciante. Moitos dos seus artigos literarios foron antes conferencias. Pódense escoitar as series de Comunicación y lenguaje poéticos (1982) e Hacia una moderna pedagogía de la literatura (1991), na web da Fundación Juan March.[13]

Libros de texto de educación secundaria[editar | editar a fonte]

  • Nunha estancia de formación en Francia na década de 1950 coñece o método docente do comentario de textos. Aplícao en Cómo se comenta un texto en el bachillerato (1957), escrito en colaboración con Evaristo Correa Calderón (1899-1986). Ten un éxito inmediato entre os profesores de secundaria, pois rompe coa tradición dun estudo exclusivamente memorístico da literatura. Posteriormente, e ampliado con outros artigos, cambia o seu título a Cómo se comenta un texto literario (1974).[14][15]
  • Desde entón e até os seus últimos anos, escribe distintos manuais de ensino secundario de lingua e literatura españolas ben con Correa Calderón, ben con Vicente Tusón Valls (1934-1999), ben en solitario. Son os libros de texto de educación secundaria de lingua e literatura españolas máis utilizados en España nas décadas de 1960 a 1990, neles combínanse a exposición teórica cos exercicios prácticos.

Artigos xornalísticos[editar | editar a fonte]

Pódense agrupar en dous apartados principais, os de crítica teatral e os de corrección idiomática.

  • Os primeiros publícaos semanalmente na revista barcelonesa Gaceta Ilustrada e, con posterioridade, na madrileña Blanco y Negro. Salvo uns poucos que se recollen en Azaña, Lorca, Val y otras sombras (2004) non se atopan compilados en libro.[16]
  • Os artigos de corrección idiomática aparecen co epígrafe de El dardo en la palabra no diario Informaciones de Madrid en 1975, posteriormente a Axencia EFE distribúeos a distintos diarios de España e de América, e de 1999 a 2003 publícanse no diario madrileño El País, que se encarga da súa distribución en América. Lázaro reúneos en dous libros: El dardo en la palabra (1997) e El nuevo dardo en la palabra (2003). Nestes artigos critica cun ton humorístico os usos, sobre todo xornalísticos, que non se acomodan á norma culta do español. Constitúen un grande éxito que achega Lázaro ao público xeral. O valor fundamental de El dardo en la palabra consiste en alertar a poboación sobre a necesidade de facer un uso coidadoso do idioma; carece, no entanto, de todo valor normativo. Grazas a estes artigos, consegue que o emprego do idioma se converta nun asunto de discusión do público culto.[17][18]

Obra teatral[editar | editar a fonte]

  • Na década de 1950 Lázaro escribe dous dramas, La señal (1952) e Un hombre ejemplar (1956). O primeiro chegouse a representar no teatro María Guerrero de Madrid (1956), aínda que con pouca asistencia de público.[19][20]
  • Moito máis éxito tivo a comedia La ciudad no es para mí, que publica co pseudónimo Fernando Ángel Lozano. Represéntaa o actor Paco Martínez Soria tanto no teatro (estrea en 1962 e varios anos seguidos en cartel), como nunha adaptación para o cine dirixida por Pedro Lazaga (1965). O guión cinematográfico escribírono Vicente Coello e Pedro Masó. Nalgunha ocasión, Lázaro referiuse a esta obra como «un pecado venial».[21]

Outras obras de Fernando Lázaro Carreter[editar | editar a fonte]

  • Lázaro Carreter, F. (1958). Teatro medieval / textos íntegros en versión de Dr. D. Fernando Lázaro Carreter. Madrid: Castalia. pp. 227 p. 
  • Lázaro Carreter, F.; Correa Calderón, E. (1961). Vida y obra del Fénix. Salamanca: Anaya. 
  • Lázaro Carreter, F. (1961). Moratín en su teatro. Oviedo: Cuadernos de la Cátedra Feijoo. 
  • Lázaro Carreter, F. (1961). Menéndez Pelayo: su época y su obra literaria. 2 vol. Contiene: Vol.1, Vida y obra de Menéndez Pelayo, Vol.2, Historia de las ideas estéticas en España (antología, introducción y notas de F. Lázaro Carreter). Salamanca: Anaya. ISBN 84-207-1304-X. 
  • Lázaro Carreter, F.; Correa Calderón, E. (1968). Literatura española contemporánea. Salamanca: Anaya. pp. 348 p. 
  • Lázaro Carreter, F. (1971–1972). Lengua española: historia, teoría y práctica. Salamanca: Anaya. pp. 2 v. 
  • Lázaro Carreter, F.; Alarcos Llorach, E. [et al.] (1974). Literatura y educación (Encuesta). Madrid: Castalia. pp. 339 p. 
  • Lázaro Carreter, F.; Tusón Valls, V. (1978). Curso de lengua española: memorándum para el profesor. Madrid: Anaya. pp. 192 p. 

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Centro Cultural Fernando Lázaro Carreter no barrio madrileño de Carabanchel.

Recibe doutoramentos «honoris causa» polas universidades de Zaragoza (1985), Salamanca (1986), Autónoma de Madrid (1988), Valladolid (1993), La Laguna (1994) e A Coruña (1997).

Concedéronselle as seguintes distincións: Commandeur dans l'Ordre deas Arts et deas Lettres da República Francesa (1979), Cruz de San Jorge (1983), Medalla de ouro da cidade de Zaragoza (1997), Orde do Mérito da República Arxentina (1998), Gran Cruz de Alfonso X o Sabio (2000). E os premios:

  • Premio Manuel Aznar de Xornalismo (1982)
  • Premio Mariano de Cavia de Xornalismo (1984)
  • Premio Aragón das Letras (1990)
  • Premio Blanquerna (1993)
  • Premio Internacional Menéndez Pelayo (1994)
  • Premio Nacional de Xornalismo (1996)
  • Premio Don Juan de Borbón (1997)
  • Premio Cidade de Alcalá das Artes e as Letras (2003)

Para honrar a súa memoria a Fundación Germán Sánchez Rupérez[22] crea o Premio Lázaro Carreter, e o Concello de Zaragoza o Premio Lázaro Carreter de Literatura Dramática. Varios centros de educación secundaria e bibliotecas españois levan o seu nome.

Obras de homenaxe universitaria a Lázaro Carreter
  • Varios (1983). Serta Philologica F. Lázaro Carreter Natalem diem sexagesimun celebranti dicata. Madrid: Cátedra. 
  • Varios; Santos Río, L. (Coord.) (2005). Palabras, norma, discurso. En memoria de Fernando Lázaro Carreter. Salamanca: Instituto Universitario C.E. pp. 1230 p. ISBN 84-7800-493-9. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Real Academia Española - CORDE". corpus.rae.es. Consultado o 2023-07-25. 
  2. "Real Academia Española - CREA". corpus.rae.es. Consultado o 2023-07-25. 
  3. Lázaro Carreter, F. (1945). El habla de Magallón, notas para el estudio del aragonés vulgar. Zaragoza: Institución Fernando el Católico. pp. 26 p. 
  4. Lázaro Carreter, F. (1949). Las ideas lingüísticas en España durante el siglo XVIII vulgar. Madrid: [s.n] (S.A.E. Graf. Espejo). pp. 287 p. 
  5. Lázaro Carreter, F. (1953). Diccionario de términos filológicos (Biblioteca románica hispánica III. Manuales 6. ed.). Madrid: Gredos. pp. 443 p. ISBN 84-249-1111-3. 
  6. Lázaro Carreter, F. (1980). Estudios de Lingüística. Madrid: Crítica. pp. 256 p. ISBN 84-8432-116-9. 
  7. Lázaro Carreter, F. (1966). Estilo barroco y personalidad creadora: Góngora, Quevedo, Lope de Vega. Madrid: Cátedra. pp. 200 p. ISBN 84-376-0022-7. 
  8. Lázaro Carreter, F. (2002). Clásicos españoles: de Garcilaso a los niños pícaros. Madrid: Alianza. pp. 447 p. ISBN 84-206-4142-1. 
  9. Lázaro Carreter, F. (1972). «Lazarillo de Tormes» en la picaresca. Esplugas de Llobregat, Barcelona: Ariel. pp. 232 p. 
  10. La vida del Buscón llamado don Pablos de Franciso de Quevedo (Salamanca, 1965) (edición filolóxica)
  11. Lázaro Carreter, F. (1976). Estudios de Poética (la obra en sí). Madrid: Taurus. pp. 159 p. 
  12. Lázaro Carreter, F. (1990). De poética y poéticas. Madrid: Cátedra. pp. 250 p. ISBN 84-376-0887-2. 
  13. "Explorar Fundación Juan March". www.march.es (en castelán). Consultado o 2023-07-25. 
  14. Lázaro Carreter, F.; Correa Calderón, E. (1957). Cómo se comenta un texto en el Bachillerato: Grados elemental y superior. Curso preuniversitario. Salamanca: Anaya. pp. 164 p. 
  15. Lázaro Carreter, F.; Correa Calderón, E. (1974). Cómo se comenta un texto literario. Madrid: Cátedra. pp. 205 p. ISBN 84-207-0924-7. 
  16. Lázaro Carreter, F. (2004). Azaña, Lorca, Valle y otras sombras. Madrid: Alianza. pp. 304 p. ISBN 84-206-4281-9. 
  17. Lázaro Carreter, F. (1997). El dardo en la palabra. Barcelona: Círculo de Lectores: Galaxia Gutenberg. pp. 757 p. ISBN 84-8109-183-9. 
  18. Lázaro Carreter, F. (2003). El nuevo dardo en la palabra. Barcelona: Círculo de Lectores. pp. 250 p. ISBN 84-206-5939-8. 
  19. Lázaro Carreter, F. (1952). La señal: drama en dos actos, divididos en cuatro cuadros. Madrid: Alfil. 
  20. Lázaro Carreter, F. (1956). Un hombre ejemplar. Madrid. 
  21. Lázaro Carreter, F. [publicado con el pseudónimo Fernando Ángel Lozano] (1965). La ciudad no es para mí. Madrid: [¿?]. pp. 348 p. 
  22. "Home FGSR". Fundación Germán Sánchez Ruipérez (en castelán). Consultado o 2023-07-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]