José García Nieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José García Nieto
Nome completoJosé García Nieto
Nacemento6 de xullo de 1914
Lugar de nacementoOviedo
Falecemento27 de febreiro de 2001
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona e Escuela Oficial de Periodismo
Ocupaciónxornalista, poeta e escritor
PremiosPremio Adonáis de Poesía, premio Mariano de Cavia, Premio Fastenrath, Premio Boscán, Premio Miguel de Cervantes, Premio Nacional de Literatura de España, Premio Nacional de Literatura de España e Premio César González-Ruano
Na rede
Dialnet: 3351116
editar datos en Wikidata ]

José García Nieto, nado en Oviedo o 6 de xullo de 1914 e finado en Madrid o 27 de febreiro de 2001, foi un poeta e escritor español, gañador do Premio Cervantes en 1996 polo conxunto da súa obra, e membro, canda Gabriel Celaya, Blas de Otero e José Hierro, da xeración poética da posguerra española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José García Nieto, naceu na localidade asturiana de Oviedo, o 6 de xullo de 1914, no nº 8 da rúa Portugalete (hoxe Melquíades Álvarez nº 6). Os seus pais foron José García Lueso e María de La Encarnación Nieto Fernández. O pai, que tiña a carreira de dereito, dedicouse ao xornalismo. Quedou orfo de pai aos 9 anos e coa súa nai viviu en Zaragoza, Toledo e mais Madrid, onde estudou bachalerato e creou os seus primeiros versos. Ao estalar a Guerra Civil española (1936-1939), ocupou o posto de secretario do Concello de Chamartín de la Rosa (ao que logo absorbieu o Concello de Madrid). Logo dunha detención sen cargos en 1939 pasou a cesante e quedou mobilizado para co seu batallón instalarse en Valencia, durante uns meses, e á volta volvérono prender e tras sete meses en prisión quedou libre sen cargos e puido volver ao seu antigo posto en Chamartín de la Rosa[1].

En 1940 publicou o seu primeiro libro de poemas, Visperas hacia ti, e desde entón dedicouse á literatura, especialmente á poesía, ao teatro, incluíndo a adaptación de clásicos españois, e ao guión cinematográfico. Recibiu numerosos galardóns, así en 1950 obtivo o Premio Adonáis por Dama de soledad, en 1955 logrou o Premio Fastenrath da Real Academia Española por Geografía es amor, en dúas ocasións, en 1951 e 1957, o Premio Nacional de Literatura. e en 1980 o Premio Mariano de Cavia de periodismo. En 1987 logrou o Premio González-Ruano de xornalismo e en 1996 concédenlle o Premio Cervantes polo conxunto da súa obra.

Como xornalista foi director das revistas Garcilaso, Poesía Española e a súa continuadora Poesía Hispánica. Nelas publicaron, entre outros escritores e poetas Luis Rosales, Leopoldo Panero, María Victoria Atencia, Juan José Cuadros, Ramón de Garciasol, Manuel Álvarez Ortega, Juan Antonio Villacañas, Juan Van Halen, Concha Lagos, Carlos Murciano, Francisco Umbral, Angelina Gatell, Jorge Teillier e mais José Miguel Ullán.

O 28 de xaneiro de 1982 Real Academia Española elixiuno académico, e pasou a ocupar a cadeira "i" que deixara vacante José María Pemán.

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José García Nieto". Real Academia de la Historia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]