José Manuel Caballero Bonald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel Caballero Bonald
Caballero Bonald.jpg
Nacemento11 de novembro de 1926
 Xerez da Fronteira
Falecemento9 de maio de 2021
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Sevilla
Ocupaciónpoeta, escritor, guionista, novelista, ensaísta, especialista en literatura e prosista
PremiosPremio Boscán, Premio Miguel de Cervantes, Premio Biblioteca Breve, Premio Nacional de Poesía, doutor honoris causa pola Universidade de Cádiz, fillo predilecto de Andalucía e fillo predilecto da provincia de Cádiz
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Caballero Bonald, nado en Xerez da Fronteira o 11 de novembro de 1926 e finado en Madrid o 9 de maio de 2021,[1] foi un escritor español, que sobresaíu principalmente como poeta.[2] A coidadosa utilización da linguaxe e o barroquismo caracterizan a súa obra. Tamén foi un recoñecido flamencólogo.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai cubano —republicano do Partido Reformista— e nai de ascendencia aristocrática francesa —da familia do vizconde de Bonald—, estudou Filosofía e Letras en Sevilla entre 1949 e 1952 e náutica e astronomía en Cádiz.[4] Nestes mesmos anos comezou a relacionarse cos cordobeses da revista Cántico, como Pablo García Baena.

Publicou o seu primeiro poemario, Las adivinaciones, en 1952, tras obter con el un accésit do Premio Adonáis. Dous anos antes gañara o Platero de poesía.[5]

A súa carreira continuou en Latinoamérica, onde foi profesor universitario na Universidade Nacional de Colombia en Bogotá.[1][6] Na capital colombiana escribiu a súa primeira novela —Dos días de septiembre, galardoada en 1961 co Premio Biblioteca Breve e publicada ao ano seguinte—[1] e tivo ao seu primeiro fillo.[7] En 1968 foi incluído na Antología de la nueva poesía española.[8]

Ao regresar de Colombia intensificou o interese pola literatura como método de loita antifranquista, en liña coas directrices do Partido Comunista, no que con todo nunca militou.[9]

Traballo como director literario na editorial Júcar e colaborou con Camilo José Cela na publicación da revísta Papeles de Son Armadans como subdirector[1] e no proxecto do Instituto de Lexicografía da Real Academia Española. Ademais, tivo un idilio de sete anos coa primeira muller de Cela, Rosario Conde.[10]

En 1986 inaugurouse un instituto co seu nome, e en 1998 constituíuse a Fundación Caballero Bonald.[11]

En abril de 2009 publica La noche no tiene paredes, composto por 103 poemas, onde fai unha reivindicación da incerteza, porque, nas súas propias palabras, «o que non ten dúbidas, o que está seguro de todo, é o máis parecido que hai a un imbécil.»[12]

Tras a publicación de Entreguerras (2012), libro formado por un só poema de case 3.000 versos, declarou: "xa non vou escribir nada", con todo continuou escribindo.[13] Recoñeceu que escribir poesía axúdalle a manterse novo. "O permanecer na brecha rexuvenécete. O que non queda calado, o que iguala o pensamento coa vida, ten xa moito gañado para rexuvenecer", declarou ao cumprir 80 anos.

O 29 de novembro de 2012 foi galardoado co Premio Cervantes.[14]

Foi presidente do xurado de varios galardóns literarios, tanto de poesía como de narrativa,[15] entre os que destaca o Premio de Novela Cidade de Torrevieja, localidade esta última que en xuño de 2010 lle dedicou unha das súas prazas.[16]

En 2018 afirmou que non pensaba volver escribir.[17]

Obra[editar | editar a fonte]

Sede da Fundación Caballero Bonald en Xerez da Fronteira.
Carteis de XVII Congreso da Fundación Caballero Bonarld

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Las adivinaciones (1952)
  • Memorias de poco tiempo (1954)
  • Anteo (1956)
  • Las horas muertas (1959)
  • Pliegos de cordel (1963)
  • Descrédito del héroe (1977)
  • Laberinto de Fortuna (1984)
  • Diario de Argónida (1997)
  • Manual de infractores (2005)
  • La noche no tiene paredes (2009)
  • Entreguerras (2012), autobiografía en verso[18]
  • Desaprendizajes (2015)

Antoloxías poéticas[editar | editar a fonte]

  • Selección natural (1983)
  • Doble vida (1989) Prólogo de Pere Gimferrer
  • Poesía amatoria (1999)
  • Somos el tiempo que nos queda (2004, 2007 e 2011). Obra poética completa
  • Años y libros (2004) Edición de Luis García Jambrina
  • Paz con aceite (2005)
  • Summa vitae (2007) Edición de Jenaro Talens
  • Casa junto al mar (2008) Edición de Pablo Méndez
  • Estrategia del débil (2010) Edición de Juan Carlos Abril
  • Ruido de muchas aguas (2011) Edición de Aurora Luque
  • Material del deseo (2013) Edición de Juan Carlos Abril
  • Marcas y soliloquios (2013) Edición de Juan Carlos Abril
  • Un sustantivo mundo (2017) Edición de Juan Carlos Abril

Novela[editar | editar a fonte]

  • Caballero Bonald
    Dos días de setiembre (1962). Premio Biblioteca Breve 1961.
  • Ágata ojo de gato (1974), que versa sobre as ameazas ao Coto de Doñana[19]
  • Toda la noche oyeron pasar pájaros (1981)
  • En la casa del padre (1988)
  • Campo de Agramante (1992)

Memorias[editar | editar a fonte]

  • Tiempo de guerras perdidas (1995)
  • La costumbre de vivir (2001)
  • La novela de la memoria (2010). Edición nun só volume de Teimpo de guerras perdidas e La costumbre de vivir
  • Examen de ingenios (2017)[20]

Ensaios e artigos[editar | editar a fonte]

  • El cante andaluz (1953)
  • El baile andaluz (1957)
  • Cádiz, Jerez y los puertos (1963)
  • El vino (1967)
  • Narrativa cubana de la revolución (1968)
  • Luces y sombras del flamenco (1975)
  • Cuixart (1977)
  • Breviario del vino (1980)
  • Luis de Góngora: poesía (1982)
  • Los personajes de Fajardo (1986)
  • De la sierra al mar de Cádiz (1988)
  • Andalucía (1989)
  • Botero: la corrida (1990)
  • España: fiestas y ritos (1992)
  • Sevilla en tiempos de Cervantes (1992)
  • Copias del natural (1999)
  • Mar adentro (2002)
  • José de Espronceda (2002)
  • Miguel de Cervantes. Poesía (2005)
  • La ruta de la campiña (2005). Xunto a Vicente Rojo Almarán
  • La luz de Cádiz en la pintura de Cortés (2005). Xunto a Antonio Agudo e Francisco Calvo Serraller
  • Encuentros con la poesía (2006)
  • Copias rescatadas del natural (2006) Edición de Juan Carlos Abril
  • Relecturas. Prosas reunidas (1956-2005) (3 vols., 2006) Edición de Jesús Fernández Palacios
  • Un Madrid literario (2009). En colaboración co fotógrafo José Manuel Navia.
  • Oficio de lector, serie de artigos e conferencias sobre escritores, Seix Barral, 2013[21]

Biografía[editar | editar a fonte]

  • Memorial de disidencias, biografía autorizada escrita por Julioo Neira[22]

Obras musicais[editar | editar a fonte]

  • Terra!: José Manuel escribiu a letra para este álbum de El Lebrijano[23]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Exposición "De lo vivo a lo contado" con motivo do seu Premio Cervantes

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Montero, Luis (9 de maio de 2021). "Muere el poeta José Manuel Caballero Bonald a los 94 años". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2021. 
  2. Jerez, Diario de (2011-02-26). ""Yo no sabría escribir, ni siquiera vivir, si estuviera seguro de todo"". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2020-12-02. 
  3. Marcos, Javier Rodríguez (2016-11-11). "Caballero Bonald celebra sus 90 años con un libro de retratos literarios". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-03. 
  4. Cruz, Juan (2013-04-19). "Entrevista El escritor que siempre ha sido peleón". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-02. 
  5. Jerez, Diario de (2018-11-11). "“Como dijo un académico, yo, además de rojo, era libertino"". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  6. Sevilla, Diario de (2011-11-20). "Caballero Bonald: "Hay cátedras universitarias, y el flamenco es la libertad absoluta"". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2020-12-02. 
  7. Jerez, Diario de (2013-04-10). "No pasa el tiempo para el navegante". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2020-12-02. 
  8. Batlló, José (1968). Antología de la Nueva Poesía Española (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Ciencia Nueva S.L. B. 7898-1968. 
  9. Cruz, Juan (2019-06-10). "Caballero de “la exacerbación y la desgana”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-03. 
  10. "La hijastra amada y la nieta olvidada". Hoy (en castelán). 2012-06-17. Consultado o 2020-12-03. 
  11. "IES Caballero Bonald". IES Caballero Bonald (en castelán). Consultado o 2020-12-02. 
  12. 20minutos (2012-11-29). "José Manuel Caballero Bonald gana el Premio Cervantes". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  13. País, Ediciones El (2012-01-07). "Entrevista El poema total". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-02. 
  14. "Caballero Bonald, Premio Cervantes 2012". abc (en castelán). 2012-11-29. Consultado o 2020-12-03. 
  15. "Caballero Bonald preside el jurado del tercer Premio Logroño de Novela". El Correo (en castelán). 2009-05-19. Consultado o 2020-12-02. 
  16. "El “Poeta Caballero Bonald”, ya tiene su plaza en Torrevieja". Objetivo Torrevieja (en castelán). 2010-06-07. Consultado o 2020-12-03. 
  17. Cruz, Juan (2018-07-28). "“Hay mucho sumiso, patriota, tentetieso”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-03. 
  18. Caballero Bonald ordena sus recuerdos en forma de verso en 'Entreguerras'
  19. "Entrevistas Digitales en EL PAÍS". web.archive.org. 2012-01-19. Consultado o 2020-12-03. 
  20. Jerez, Diario de (2017-05-05). "A la venta ya la última obra de Bonald, 'Examen de ingenios'". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2020-12-02. 
  21. Caballero Bonald desgrana su ‘Oficio de lector’
  22. Un Cervantes en su territorio
  23. El Lebrijano canta a América con textos de Caballero Bonald
  24. "Premio Barral de Novela 1974 - Memoria Chilena". Memoria Chilena: Portal (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  25. "Los títulos de “Hijo predilecto” e “Hijo adoptivo”, la historia local de las provincias andaluzas". revistas.uned.es. 
  26. "Portal UCA – Portal principal de la Universidad de Cádiz". www.uca.es. Consultado o 2020-12-03. 
  27. Jerez, Diario de (2012-12-21). "José Manuel Caballero Bonald será el 'autor del año 2013'". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  28. Jerez, Diario de (2013-02-13). "Caballero Bonald será investido Doctor Honoris Causa por la UNED el día 28". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  29. Jerez, Diario de (2015-11-05). "Bonald, premio Obra de Arte Total de la Asociación Wagneriana". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  30. Jerez, Diario de (2016-02-10). "Caballero Bonald consigue el premio Francisco Umbral al Libro del Año". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  31. Jerez, Diario de (2016-03-12). "Caballero Bonald, Justo Navarro y López Barrios, Premios Andalucía de la Crítica en poesía, narrativa y relato". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  32. "Programa.- Presentamos el disco libro “Jerez canta a Caballero Bonald” (1)". Los Caminos del Cante (en castelán). 2017-01-16. Consultado o 2020-12-03. 
  33. Jerez, Diario de (2017-11-10). "Caballero Bonald admite una “extraña satisfacción” por aparecer en el cupón". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]