Saltar ao contido

Premio Miguel de Cervantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premio Miguel de Cervantes
Escudo de armas
Escudo
 Instancia de
 Epónimo
Datas e cronoloxía
 Fundación
1976 Editar o valor en Wikidata
 Comezo
1976 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Premio Cervantes, foi instituído en 1975 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura de España.

Trátase do Premio Nacional de Literatura. Está recoñecido coma o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra dun autor en lingua castelá cuxa contribución ó patrimonio cultural hispánico fora decisiva. Xeralmente premiase a un español e a un latinoamericano, aproximadamente en forma alternativa, dando así o número de máis da metade de premiados a escritores moitas veces descoñecidos a nivel mundial do país que outorga o premio,[Cómpre referencia] e o resto repartido a grandes escritores de América.

En 2019, está dotado con 125.000 euros[1] e toma o seu nome do autor Miguel de Cervantes, autor da que se considera a máxima obra da literatura castelá, Don Quixote da Mancha.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A súa primeira edición tivo lugar de xeito efectivo no ano 1976. O Premio Cervantes non pode ser dividido, declarado deserto ou ser concedido a título póstumo, segundo as normas que se estableceron despois de que na edición de 1979 o xurado decidira concederlles o premio "ex aequo" ó español Gerardo Diego e ó arxentino Jorge Luis Borges.

Os candidatos ó Premio Miguel de Cervantes son propostos polo pleno da Real Academia Española, polas Academias da Lingua dos países de fala hispana e polos gañadores en pasadas edicións.

O xurado está integrado polo director da Real Academia Española, o presidente dunha das Academias da Lingua Española de Hispanoamérica, que vai cambiando cada ano, o premiado na edición anterior e oito personalidades do mundo académico, literario ou universitario, españois ou hispanoamericanos, de recoñecido prestixio.

O 23 de abril de cada ano, coincidindo coa data na que se conmemora a morte de Miguel de Cervantes, o rei de España, Filipe VI, preside a entrega deste galardón no Paraninfo da Universidade de Alcalá. Neste acto solemne, o rei, o ministro de Cultura español e o autor galardoado pronuncian un discurso no que se glosa a vida e produción literaria do premiado, a obra de Cervantes e os autores clásicos da lingua española, así coma sobre o estado do idioma.

Lista de gañadores do Premio Cervantes

[editar | editar a fonte]
Edición
Ano
Foto
Autor
País
1976
Jorge Guillén España España
1977
Alejo Carpentier Cuba
1978
Dámaso Alonso España España
1979
Jorge Luis Borges Arxentina
Gerardo Diego España España
1980
Juan Carlos Onetti Uruguai
1981
Octavio Paz México
1982 Luis Rosales España España
1983
Rafael Alberti España España
1984
Ernesto Sabato Arxentina
10ª 1985
Gonzalo Torrente Ballester España España
11ª 1986
Antonio Buero Vallejo España España
12ª 1987
Carlos Fuentes México
13ª 1988
María Zambrano España España
14ª 1989
Augusto Roa Bastos Paraguai
15ª 1990
Adolfo Bioy Casares Arxentina
16ª 1991
Francisco Ayala España España
17ª 1992
Dulce María Loynaz Cuba
18ª 1993
Miguel Delibes España España
19ª 1994
Mario Vargas Llosa Perú
20ª 1995
Camilo José Cela España España
21ª 1996 José García Nieto España España
22ª 1997
Guillermo Cabrera Infante Cuba
23ª 1998
José Hierro España España
24ª 1999
Jorge Edwards Chile
25ª 2000
Francisco Umbral España España
26ª 2001
Álvaro Mutis Colombia
27ª 2002
José Jiménez Lozano España España
28ª 2003
Gonzalo Rojas Chile
29ª 2004
Rafael Sánchez Ferlosio España España
30ª 2005 Sergio Pitol México
31ª 2006
Antonio Gamoneda España España
32ª 2007
Juan Gelman Arxentina
33ª 2008
Juan Marsé España España
34ª 2009
José Emilio Pacheco[2] México
35ª 2010
Ana María Matute[3] España España
36ª 2011
Nicanor Parra Chile
37ª 2012
José Manuel Caballero Bonald España España
38ª 2013
Elena Poniatowska México
39ª 2014
Juan Goytisolo España España
40ª 2015
Fernando del Paso[4][5] México
41ª 2016
Eduardo Mendoza[6][7] España España
42ª 2017
Sergio Ramírez[8] Nicaragua
43ª 2018
Ida Vitale[9] Uruguai
44ª 2019
Joan Margarit[1] España España
45ª 2020
Francisco Brines[10] España España
46ª 2021
Cristina Peri Rossi[11][12] Uruguai
47ª 2022
Rafael Cadenas[13][14] Venezuela
48ª 2023
Luis Mateo Díez[15][16] España España
49ª 2024
Álvaro Pombo[17] España España
50ª 2025
Gonzalo Celorio Blasco[18] México

Premios Cervantes por países

[editar | editar a fonte]

Datos actualizados a novembro de 2025.

País
Premios
España España 26
México 7
Arxentina 4
Chile 3
Cuba 3
Uruguai 3
Paraguai 1
Perú 1
Colombia 1
Nicaragua 1
Venezuela 1
  1. 1,0 1,1 "Joan Margarit, Premio Cervantes 2019". El País (en castelán). 14 de novembro de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  2. ABC, 30 de novembro de 2009 (en castelán)(en castelán)'(en castelán)'(en castelán).
  3. "Ana María Matute, Premio Cervantes 2010, [[La Vanguardia]], 25/11/2010". Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 24/11/2010. 
  4. Redacción (12 de novembro de 2015). "Fernando del Paso, premio Cervantes 2015". abc.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  5. Ministerio de Cultura e Deporte (12 de novembro de 2015). "Fernando del Paso, galardonado con el Premio Cervantes 2015". culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  6. Alemany, Luis (30 de novembro de 2016). "Eduardo Mendoza gana el Premio Cervantes 2016". elmundo.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  7. Arce, Begoña; Alós, Ernest (30 de novembro de 2016 [actualizado o 1 de decembro de 2016]). "Eduardo Mendoza, Premio Cervantes 2016". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  8. "Sergio Ramirez, primer Premio Cervantes centroamericano" (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  9. "Así recibió la uruguaya Ida Vitale el histórico Premio Cervantes en España" (en castelán). 22 de abril de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  10. Redacción (16 de novembro de 2020). "El poeta Francisco Brines gana el premio Cervantes 2020". abc.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2020. 
  11. Marcos, Javier Rodríguez (2021-11-10). "La uruguaya Cristina Peri Rossi, ganadora del Premio Cervantes 2021". El País (en castelán). Consultado o 2021-11-10. 
  12. Ramón, Esteban (10 de novembro de 2021). "Cristina Peri Rossi, Premio Cervantes 2021". rtve.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  13. Fanjul, Sergio C. (20 de abril de 2023). "Rafael Cadenas, premio Cervantes: “Ojalá los soldados solo se ocuparan del lenguaje”". elpais.com. Consultado o 25 de abril de 2023. 
  14. Cultura y Deporte (10 de novembro de 2022). "Rafael Cadenas, Premio Cervantes 2022". lamoncloa.gob.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  15. García Higueras, Laura (2023-11-07). "Luis Mateo Díez gana el Premio Cervantes 2023". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-11-07. 
  16. Pardo, B. (7 de novembro de 2023). "Luis Mateo Díez, premio Cervantes 2023". abc.es (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  17. Fanjul, Sergio C. (2024-11-12). "El escritor español Álvaro Pombo gana el premio Cervantes". El País (en castelán). Consultado o 2024-11-12. 
  18. Maldonado, Carlos S. (2025-11-03). "Gonzalo Celorio gana el Premio Cervantes 2025". elpais.com (en castelán). Consultado o 2025-11-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]