1000 12/16

Rafael Sánchez Ferlosio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Rafael Sánchez Ferlosio
Sanchez Ferlosio.jpg
Nacemento4 de decembro de 1927
 Roma
Falecemento1 de abril de 2019
 Madrid
SoterradoCemiterio de La Almudena
NacionalidadeItalia, España e Reino de Italia
Alma máterUniversidade de Madrid e Escuela Oficial de Cine
Ocupaciónescritor
PaiRafael Sánchez Mazas
CónxuxeCarmen Martín Gaite
IrmánsMiguel Sánchez-Mazas Ferlosio e Chicho Sánchez Ferlosio
Coñecido/a porEl Jarama
PremiosPremio Miguel de Cervantes, Premio Nadal, Premio Mariano de Cavia, Premio Francisco Cerecedo, Premio da Crítica de narrativa castelá, Premio Nacional de Ensaio en España, Premio Nacional das Letras Españolas e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes
editar datos en Wikidata ]

Rafael Sánchez Ferlosio, nado en Roma (Italia) o 4 de decembro de 1927 e finado en Madrid o 1 de abril de 2019[1], foi un escritor español, Premio Cervantes no 2004 e Premio Nacional das Letras Españolas no 2009. A súa obra máis coñecida é El Jarama (1955), manifestación eminente da estética do realismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do tamén escritor e correspondente do xornal ABC en Roma Rafael Sánchez Mazas (coñecido falanxista cuxo frustrado fusilamento na Guerra Civil española foi novelado por Javier Cercas en Soldados de Salamina), doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid. Neses anos universitarios conformou xunto con outros escritores novos coma Ignacio Aldecoa ou Carmen Martín Gaite (con quen casou no 1954, divorciándose no 1970), a chamada Xeración do 50 ou Xeración dos nenos da guerra, unidos pola amizade e por unha actitude fortemente politizada.

Desenvolveu tamén unha intensa actividade xornalística, colaborando cos xornais Arriba, ABC, El País e Diario 16.

Sempre salientou polas súas posturas críticas, expresadas con toda claridade, en temas sociais e políticos. Opúxose publicamente á guerra do Golfo e a guerra de Iraq e cualificou as celebracións do quinto centenario do descubrimento de América como "indigno festival".

O 1 de abril de 2019 faleceu en Madrid aos 91 anos de idade.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Industrias y andanzas de Alfanhui (1951).
  • El Jarama (1955). Premio Nadal. Premio da Crítica.
  • Y el corazón caliente (1961).
  • Dientes, pólvora, febrero (1961).
  • Las semanas del jardín (1974).
  • Mientras no cambien los dioses, nada ha cambiado (1986).
  • El testimonio de Yarfoz (1986).
  • Campo de Marte (1986).
  • La homilía del ratón (1986).
  • Vendrán más años malos y nos harán más ciegos (1993). Premio Nacional de Ensaio. Premio Ciudad de Barcelona.
  • Esas Yndias equivocadas y malditas (1994).
  • El alma y la vergüenza (2000).
  • La hija de la guerra y la madre de la patria (2002).
  • Non Olet (2003).
  • El Geco (2005).
  • Glosas castellanas y otros ensayos (2005).
  • Sobre la guerra (2007).
  • God & Gun. Apuntes de polemología (2008).
  • Guapo y sus isótopos (2009).
  • Campo de retamas (2015).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Morre Rafael Sánchez Ferlosio aos 91 anos". Faro de Vigo. 1 de abril de 2019. Consultado o 1 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]