Jorge Guillén
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Jorge Guillén Álvarez 18 de xaneiro de 1893 Valladolid |
| Morte | 6 de febreiro de 1984 Málaga |
| Lugar de sepultura | Cementerio de los Ingleses |
| Educación | Universidade Central Facultade de Filosofía e Letras (Universidade de Granada) |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta, profesor universitario, escritor, crítico literario |
| Empregador | Universidade Harvard Wellesley College Universidade de Sevilla Universidade de Murcia Universidade de París |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Poesía |
| Familia | |
| Fillos | Saad Balobaid |
| Pai | Julio Guillén Sáenz |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гильен Хорхе) |
Jorge Guillén, nado en Valladolid o 18 de xaneiro de 1893 e finado en Málaga o 6 de febreiro de 1984, foi un poeta español, membro da Xeración do 27.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en España, Suíza e Alemaña, doutorouse en letras pola Universidade de Madrid e foi profesor nas Universidades de Murcia e Sevilla e lector na Sorbona e Oxford.
Considerado o discípulo máis directo de Juan Ramón Jiménez, pola súa inclinación á poesía pura. Publicou a súa primeira colección de poemas en 1928, Cántico (edición definitiva 1950).
En 1938 por mor da guerra civil española exiliouse e viviu en Colombia, México, Porto Rico e sobre todo nos Estados Unidos. En 1976 recibiu o primeiro Premio Cervantes.
Clamor é unha obra pesimista, observa a miseria, guerra, dor e morte, consta de tres volumes: Maremágnum (1957), Que van a dar en el mar (1960) e A la altura de las circunstancias (1963).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fundación Jorge GuillénArquivado 20 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
- Portal consagrado a Jorge Guillén (en castelán)
