Adufe
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O adufe é unha variedade de pandeiro, cuadrangular e de sonoridade grave[1], introducido polos árabes na Península Ibérica, con presenza en Galicia, aparece nunha cantiga de Martín de Xinzo [2] , e que na actualidade quedou reducido a unha pequena zona de Portugal, fundamentalmente no Alentexo e no distrito de Castelo Branco e que é executado exclusivamente polas mulleres para acompañar o canto con ocasión de romarías e festas populares. Antigamente tamén se utilizaba na música que acompañaba as capoeiras brasileiras.[3]
O adufe consiste en dúas membranas, os lados miden 45 cm aproximadamente. A madeira cóbrese polos dous lados con peles de cabra ou carneiro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mário Frungillo Dicionário de percussão. UNESP, 2002, páxina 4
- ↑ Henrique Monteagudo et al. Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Matín Códax, Mendiño e Johán de Cangas. Galaxia, 1998, páxina 142
- ↑ Waldeloir Rego Capoeira Angola: ensaio sócio-etnográfico. Itapuã, 1968, páxina 83
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adufe |