Marcha (música)
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Marcha.
![]() |
| ||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
No ámbito da música, unha marcha é unha obra que entra nas composicións definidas polo movemento ou polo ritmo. Pode considerarse dentro das danzas andadas. Unha marcha regula o paso dun certo número de persoas.
Estrutúrase en compás binario ou cuaternario, aínda que o máis común é o binario. O seu ritmo leva á división dos tempos en dous valores desiguais, sendo o primeiro máis longo que o segundo, para o que se adoita usar o puntillo. Desta maneira, conséguese unha acentuación que axuda a levar o paso.
Tipos de marcha[editar | editar a fonte]
Unha marcha pode presentar características moi diferentes, segundo sexa a finalidade para a que está composta:
- marcha circense, de paso apresurado.
- marcha fúnebre, con andar lento;
- marcha militar;
- marcha nupcial, con aire solemne;
- marcha procesional;
- marcha redobrada ou pasodobre;
- marcha triunfal.
As marchas tamén eran lentas e rápidas. Á vez movían os seus pés e os brazos e uníanse ao entroido.