Charrasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O charrasco é un instrumento idiófono de percusión, da familia dos sistros, pertencente a tradición musical galega. Non debe confundirse ca charrasca, instrumento de música latina, en ocasións chamado tamén charrasco.

Características[editar | editar a fonte]

Consistente nun largo mastro cun bastidor cadrado ou con travesas (normalmente tres) na parte superior nas que se sitúan un bo número de ferreñas. No cumio do pau central adóitase a colocar un par de ferreñas máis grande. Un arame suxeito o mastro o percorre o instrumento de arriba a baixo, mentres que unha ponte o separa do instrumento e o tensa. Tócase collendo o instrumento pola metade cunha man mentres que ca outra ráspase cun pau cheo de fenda contra o arame para facer a modo de riscados. Mentres tamén se vai batendo co mastro no chan, facendo a parte forte do ritmo.

O seu son é bastante barulleiro. En ocasións na parte inferior do mastro colócase unha lata que aumenta inda máis a sonoridade do instrumento. Por ese motivo adoita a acompañar a outros instrumentos de bastante potencia sonora como gaitas.

Usos[editar | editar a fonte]

Está especialmente asociado as festas do entroido e do Nadal, tanto no seu uso tradicional como en usos máis modernos.

O seu uso tradicional é moi reducido xeograficamente, estando só documentado no val do río Ulla[1]. Algunhas fontes citan a Xosé Raído, O Patelas como autor da recuperación do instrumento a partir da esquecida tradición en Cuntis[2]. Pero ademais do seu uso tradicional, é moi habitual velo formando parte das charangas galegas de Nadal, unha formación típica das Rías Baixas que percorre as rúas durante as festas que se celebran o fin de ano. Mais modernamente algúns grupos de música folk galegos como Na Lúa, ou algunhas bandas de gaitas téñeno empregado en gravacións de estudio ou concertos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carpintero Arias, Pablo (2009). Instrumentos tradicionais galegos - Unha selección natural. Ourense. Difusora de letras, artes e ideas, S.L. ISBN 978-84-937421-1-9. , p. 25
  2. "Patelas, o gaiteiro de Cuntis". Memoria de Cuntis, na Blogoteca. 08/05/2008. Consultado o 17/06/2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]