Saltar ao contido

Ferreña (disco sonoro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferreña
 Instancia de
 Subclase de
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Enciclopedia Galega Universal: 127064
Wikidata C:Commons
Ferreñas nunha pandeireta galega.

Unha ferreña, ou ferriña[1], é un pequeno disco de metal, cóncavo e co bordo rizado, que se distribúe, por pares, nos marcos de instrumentos musicais como charrascos, pandeiras, ferreñas ou pandeiretas. As parellas de ferreñas emiten unha sonoridade característica ao bateren, unha contra a outra, cando se axita o instrumento.

  1. Camafeita, Olga (2001). "Ferriña". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo).