Saltar ao contido

Tarabela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tarabela
Castañola de cana. Canaveira
Información
ClasificaciónIdiófono de golpe directo

A tarabela, chamada tamén castañola de cana ou canaveira, é un pedazo de cana fendido na metade que se emprega en Galiza como instrumento de percusión.

Características

[editar | editar a fonte]

Fabrícase cunha cana de, cando menos, tres nós, dous dos cales son fendidos verticalmente polo medio.[1] Térmase da tarabela coa man esquerda, na parte non fendida, deixando sobresaír parte da cana por abaixo para petar nela coa man dereita. Estes golpes fan que as partes superiores choquen emitindo un son similar ao da castañola.[2]

As canaveiras utilízanse tanto no acompañamento de melodías, coma no canto e no baile.[3] Nunha parte do filme do ano 1928 de Xosé Gil, As nosas festas de aló, pódese ver un grupo de persoas cantando e bailando ao son das tarabelas.[4]

  1. Debuxo dunha tarabela.
  2. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Castañola de cana, tarabela". Consultado o 2021-09-11. 
  3. Obradoiro Escola de gaitas e zanfonas (1987). Instrumentos musicais populares galegos (PDF). Universidade Popular de Vigo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2021. 
  4. Gil Gil, Xosé (1928). As nosas festas de aló. Galicia Cinegráfica. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]