Saltar ao contido

Asubío (instrumento musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asubío
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Cultura
 Xénero artístico
Localización
 País de orixe
Wikidata

Os asubíos[1] son pequenas frautas globulares que serven para asubiar.

Caracteŕisticas

[editar | editar a fonte]

Os asubíos son un dos máis primitivos instrumentos musicais, documentados nas máis antigas escavacións arqueolóxicas. En Galiza empregábanse tradicionalmente como xoguetes para os cativos. Fabrícanse practicando un furado e baleirando o interior de calquera material que proporcione unha cavidade globular: madeiras, ósos, bugallos, abelás, noces,etc. Apoiando o asubío debaixo dos beizos e soprando contra a beira do burato obtéñense diferentes sons dependendo do material empregado.[2] Na cavidade pódense realizar outros pequenos furados para emitir diferentes notas co que se consegue a execución de melodías sinxelas.[3] Existen tamén algúns tipos especiais de asubíos, como o toelo, realizado nun tipo de pedra calcaria propio dalgunhas partes de Galiza,[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]