Saltar ao contido

Culleres (instrumento musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Culleres
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
2 culler (s) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02w0y2n Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

As culleres, de madeira ou metal, son utensilios de cociña empregados na música tradicional galega para o acompañamento musical. Como instrumento correspóndelles a categoría de idiófonos de golpe.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

As culleres tócanse por parellas batendo unha coa outra para producir golpes e redobres cos que se acompañan melodías e cantos. O seu uso áchase estendido por toda Galiza e son hoxe fabricadas polos artesáns especificamente para este fin[2]. Nas de madeira empréganse principalmente madeiras duras como o buxo ou o palisandro, debido á súa superior sonoridade.[3]

Existen distintos xeitos de tocalas. O máis común é colocando enfrontadas as partes convexas das culleres na man dereita, unha entre os dedos índice e corazón, e a outra entre o índice e o polgar. Así suxeitas, bátense entre entre a perna esquerda e a man esquerda, que se sitúa a unha distancia como dunha cuarta. Neste xeito de tocar os redobres obtéñense pasando, de arriba a abaixo, a punta da culler inferior sobre os dedos estendidos da man esquerda.[4]

  1. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Culleres". Consultado o 2021-07-20.
  2. "Catálogo de produtos". Pablo Martínez (Artesán). Consultado o 2021-07-20.
  3. "Entrechocados". instrumentosgalegos.gal. Consultado o 2021-07-20.
  4. "Curso de cuchara mundoritmo". web.archive.org. 2010-03-25. Archived from the original on 25 de marzo de 2010. Consultado o 2021-07-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]