Folión de Entroido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Folión de entroido»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Folión de Entroido
Entroido de Vilariño de Conso 2022 - Folión da Mourela pra acá de Manzaneda 04.jpg
Orixe culturalGaliza
Instrumentos típicosTambor de entroido
Sacho

Un folión, ou fulión[1], é unha agrupación musical formada, durante o Entroido, polos veciños das comarcas de Viana, Terra de Trives e Valdeorras.

Características[editar | editar a fonte]

Durante as celebracións do Entroido, os veciños dalgúns lugares das comarcas de Viana, Trives e Valdeorras[2], organízanse para desfilar polas aldeas da comarca. Estes grupos musicais veciñais, chamados folións, marchan ao ritmo da percusión de enormes tambores de entroido e de diversas ferramentas de traballo: gadañas, fouces, martelos e sachos. Nalgúns lugares, como Vilariño de Conso, empréganse tamén cornos, trompetas e cornetas de metal.[3][4] Os folións, cada un dos cales ten a súa particular cadencia, van sempre acompañados polos boteiros, as máscaras de entroido propias da zona, encargadas de animar a festa cos seus bailes e carreiras.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fulión". Dicionario de dicionarios. Consultado o 2022-02-27. 
  2. "Un estudo revela "a tradición e singularidade" do Entroido da Veiga". O Sil, periódico en galego de información xeral. 2019-02-23. Consultado o 2022-02-27. 
  3. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Corno, corna". Consultado o 2021-10-10. 
  4. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Corneta (de metal)". Consultado o 2021-10-10. 
  5. Fernández Santomé, Xerardo (2012). Treboada galega. A.F.Gaiteiros da Xistra. p. 16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]