Rumba galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A rumba galega pertence ás cancións e danzas chamados cantos de ida e retorno, como a habanera, que viaxaron de Cuba para a metrópole española, para establecerse como xéneros musicais cultivados e apreciados polo pobo español.[1]

Como a rumba flamenca, a rumba galega é orixinada por unha fusión de determinados elementos de estilo cubanos e españois. As características deste novo xénero son semellantes aos das novas cancións-danças que apareceu na área da Conca do Caribe durante o século XIX, que eran o resultado dunha combinación de elementos ibéricos e africanos. Este novo estilo musical foi chamado por Armando Rodríguez Ruidíaz o "prototipo da rumba" e definido do seguinte xeito: "Este produto orixinal, que pode ser chamado "Prototipo da rumba" foi o resultado dun proceso de fusión cultural, no que os compoñentes europeos, como o texto, as relacións tonais (maior-menor), as estruturas melódicas e harmónicas, e a súa forma de copla-refrán, son combinados con os patróns rítmicos sincopados e desprazamentos micrométricos de orixe africano" [2]

Cadenza andaluza en Mi Frixio[3] Simple Andalusian cadence.mid Play .

Como na rumba flamenca, a melodía nas rumbas galegas é moitas veces baseada na “cadenza andaluza” española, mentres que no seguimento é utilizado un ou máis ritmos que son característicos de algúns xéneros da música cubana, como a guaracha, a rumba e a habanera.

Orixe[editar | editar a fonte]

Gaiteiros galegos nunha romaría.

Conforme a Miguel Pérez Lorenzo, hai evidencias sobre a inclusión da rumba no repertorio da gaita, desde o século XIX. Tamén di o autor en referencia ao gaiteiro ourensán Xoán Ferreiro: "O tocaba, imaxinamos, as pezas que escoitou tocar a seu pai, a outros gaiteiros, a banda [de música] ... D. Jerónimo [pai deste gaiteiro, que morreu en 1940] foi emigrado a Cuba ata cinco anos antes da súa morte... estes anos, servíronle en Cuba a D. Jerónimo para incluír no seu repertorio rumbas e boleros...".[4]

Diversificación e popularización[editar | editar a fonte]

Por causa da súa orixe popular, as rumbas galegas son frecuentemente asignadas a autores descoñecidos e, como as muiñeiras e outros xéneros tradicionais, son xeralmente referidas co nome da cidade ou rexión onde son recollidas como a "Rumba de Eo", "Rumba de Mallou", "Rumba de Cerqueira", "Rumba de Vergara" ou a "Rumba de Anxeriz". Tamén reciben o nome do autor, de ser coñecido, ou unha persoa a quen eles estiveran adicadas, tales como "Rumba de Juanito de Carballal", "Rumba de Pucho" ou "Rumba Sabeliña".

A introdución da rumba en Galicia está intimamente ligada á creación, durante a primeira metade do século XX, de grupos musicais chamados "charangas" ou "murgas". Estes, ao contrario dos grupos tradicionais galegos como os conxuntos de pandeiretas ou de gaita e percusión, incluían o grupo típico outros instrumentos non tradicionais, como o clarinete, saxofón, acordeón e guitarra, xunto cunha gran variedade de instrumentos de percusión.[5]

Máis recentemente, foron feitas algunhas gravacións de Rumbas galegas en que o compoñente cubano é enfatizado. Entre estes podemos apuntar á versión do grupo Muxicas da "Rumba dos cinco Marinheiros", onde o ritmo da clave cubana é claramente escoitado no seguimento,[6] así como unha gravación da mesma peza polo gaiteiro Carlos Núñez co grupo irlandés The Chieftains, acompañada nesta ocasión por un grupo instrumental tipicamente cubano.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez Ruidíaz, Armando:la Rumba Gallega. https://www.academia.edu/4832260/La_Rumba_Gallega, p. 1.
  2. "Rodríguez Ruidíaz, Armando: The origin of Cuban music. Myths and realities". academia.edu. p. 47. Consultado o July 4, 2015. 
  3. Tenzer, Michael (2006). Analytical studies in world music, p.97. ISBN 0-19-517789-4.
  4. Costa, Luis (2004). "Las rumbas olvidadas: transculturalidad y etnicización en la música popular gallega". TRANS-Revista Transcultural de Música (en castelán) (8): 6. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2018. 
  5. Cirio,Norberto Pablo: Desaparición, permanencia y cambios en las prácticas musicales de la colectividad gallega de la Argentina. Instituto Nacional de Musicología “Carlos Vega”. Fundación Xeito Novo de Cultura Gallega. http://www.musicaclasicaargentina.com/3articulosgal.htm, P. 2.
  6. Muxicas: No colo do vento - CD. Clave Records 1996. Track 3.
  7. The Chieftains: Santiago - CD. BMG Classics 1996. Pista 12.