Ruada
Ruada | |
---|---|
![]() | |
Orixe cultural | ![]() |
Instrumentos típicos | Gaita Tambor Bombo |
Outros nomes | Pasarrúas. Pasacorredoiras. Pasacalles |
Unha ruada, tamén pasarrúas, pasacorredoiras ou pasacalles,[a] é un desfile festeiro que se acompaña coa música dunha charanga ou dun grupo de gaiteiros.
Características[editar | editar a fonte]
Orixinadas probabelmente na Italia do século XVII,[3] as ruadas eran inicialmente composicións musicais feitas para desfilar. Son pezas instrumentais, sen acompañamento vocal, que en Galiza empregan normalmente a gaita como instrumento principal. Interprétanse a ritmo de pasodobre rápido e constan de tres tempos de catro a oito compases nos que se fan variacións sobre un motivo principal.[3]
Por extensión, coñécense hoxe en Galiza con este nome a todos os desfiles, festeiros ou reivindicativos, que percorren as rúas con acompañamento musical, normalmente da música tradicional. Ademais destas dúas acepcións, nalgunhas zonas do pais empregouse o termo ruada[4] para designar ás festas populares coñecidas noutros lugares como como foliadas, seráns, fiadeiros, polavilas, etc..[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O dicionario da Real Academia Galega recolle "pasacalle" como termo correcto en galego.[1] Porén, unha parte dos lingüistas consideran este termo, e os seus calcos "pasarrúas" e "pasacorredoiras", castelanismos a evitar.[2]
- Referencias
- ↑ "Pasacalle". Real Academia Galega. Consultado o 2021-10-21.
- ↑ Lorenzo Gil, César. "pasacalle". Dúbidas do galego. Consultado o 2021-10-21.
- ↑ 3,0 3,1 Camafeita Longa, Olga (2010). "Ruada". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte Editora. ISBN 8493781657.
- ↑ "Ruada". Dicionario de dicionarios. Consultado o 2021-10-21.
- ↑ Souto, Miguel (2014). Xornadas de Baile Tradicional - Asociación de Gaiteiros Galegos. Youtube (Asociación de Gaiteiros Galegos). p. 1m. 25s.