Maruxa das Cortellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maruxa das Cortellas
Nacemento1931
 Soutomaior
Falecemento2013
 Soutomaior
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

María Grande Sobral, nada en Soutomaior en 1931, mais coñecida como Maruxa da Crega ou Maruxa das Cortellas, foi tocadora de pandeiro cadrado tradicional galego. Figura informante esencial para o rexurdimento deste instrumento percutivo. A música vocal de tradición oral da Galiza se escribe en feminino, aínda que as figuras que subían o escenários e titulares fosen masculinas. Maruxa é un deses nomes femininos que sobresaen do anonimato colectivo.[1]

Saiu do anonimato polas investigacións m de recollido de campo

Primeira muller homenaxeada no Memorial Ricardo Portela, Pontevedra 2018.Carmela Silva Rego destaca neste homenaxe que foi a única muller da súa xeración que se interesou polo xeito de tocar das persoas maiores nas aldeas. Ademais de destacar que axudara a visibilizar as mulleres nun eido agochado agás coma cantareiras.[2]

A última gran tocadoras de pandeiro do sur de Galicia, xunto con Concha do Canizo (A Gudiña). Pedra angular para a recuperación dos estilos interpretativos arcaicos: Romances de Reis, Valses, Ribeiranas, Xotas e Muiñeiras...O recoñecemento chegoulle na madurez, sendo entón asidua da TVG, a partir da década dos noventa, en programas como Luar e Alalá.[3]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Viviu na parroquia que pertence o Concello de Soutomaior, Pontevedra. Adicouse o agro, a procura da casa e a familia. Herdeira da tradición oral musical. Autodidacta. Aprendeu nas fiadas de nena e nas tarefas comunitarias da aldea. Cantaba no coro da igrexa de San Salvador de Soutomaior. Sobre o seu espazo de tocar e aprendizaxe musical dixo textualmente: "Na casa de Valentina, na casa nova, naquel cuartiño na planta baixa. Nun alboio alá enriba na casa da “Xoubeira”, alí sí que se facían boas fiadas! Na mesma casa onde vive hoxe Alicia mais Tina, na casa “do Mocho”. Aquí nunha casa pequeniña que hai aquí, que é a casa do Ramón […], que estaba libre. Na casa que era de Aldina, antes de caer […], naquela casiña que tiña unha parede polo medio, nos deixaban desfacer a parede e faciamos alí a fiada… (1998)". (Texto da sección N) Publicación post-morten dun libro disco da colección Chave Mestra da Central Folque, editando o seu arte en trinta trillas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.folque.com/01.140415wp/tenda/chave-mestra/maruxa-das-cortellas/
  2. https://pontevedraviva.com/cultura/46912/maruxa-das-cortellas-primera-mujer-homenajeada-memorial-ricardo-portela/?lang=es
  3. http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/maruxa-das-cortellas
  4. * Feixoo, Xulia (2017). Maruxa das Cortellas. Tocadora de pandeiro (1ª ed.). Central Folque. p. 131. ISBN 978-84-940598-9-6. da profesora Asensio, semella que a música vocal das aldeas está doblemente invisibilizada, por feminina e por cotiá 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Feixoo, Xulia (2017). Maruxa das Cortellas. Tocadora de pandeiro (1ª ed.). Central Folque. p. 131. ISBN 978-84-940598-9-6. da profesora Asensio, semella que a música vocal das aldeas está doblemente invisibilizada, por feminina e por cotiá 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]