Sacho (instrumento musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sacho
Legón. Aixada. Laia. Sacha.
Pontevedra-Aña urbana 2013-Acompañamiento.jpg
Información
ClasificaciónIdiófono percutido

Un sacho[1], chamado tamén legón[2], aixada[3], laia[4] ou sacha[5], é unha ferramenta agrícola empregada na música tradicional galega para o acompañamento do canto. Como instrumento musical pertence á categoría dos idiófonos percutidos.[6]

Orixe[editar | editar a fonte]

Representación do baile das labradas.

O emprego musical dos sachos conservouse principalmente nas comarcas do sur de Pontevedra. Alí, antes da chegada da maquinaria agrícola, era costume que os veciños organizasen labradas comunais dos terreos para prepararen a sementeira do millo. Este traballo en común levaba asociados certos cantos e bailes tradicionais, chamados añas, que se desenvolvían ao ritmo marcado polas ferramentas de labranza.

Os sachos tócanse sostendo o mango horizontalmente sobre o ombro coa man esquerda, a carón da folla, ao tempo que coa man dereita se golpea a ritmo cun croio na parte metálica. A man esquerda move o sacho arriba e abaixo lixeiramente seguindo o compás dos golpes.[7] Outro xeito de tocar é mantendo o mango apoiado no chan, suxeito coa man esquerda, mentres a dereita fai o ritmo petando na folla.

Nos entroidos das comarcas de Viana e Terra de Trives tamén se empregan os sachos como instrumentos musicais, se ben os xeito de tocar é diferente. Aquí, utilízanse sen o mango de madeira, agarrándose as follas directamente polo furado da vara, e batendo no metal cun ferro, martelo ou pedra.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Definición da palabra: sacho". Portal das Palabras. Consultado o 2021-07-15. 
  2. "Definición da palabra: legón". Portal das Palabras. Consultado o 2021-07-15. 
  3. "Definición da palabra: aixada". Portal das Palabras. Consultado o 2021-07-15. 
  4. "Definición da palabra: laia". Portal das Palabras. Consultado o 2021-07-15. 
  5. "Definición da palabra: sacha". Portal das Palabras. Consultado o 2021-07-15. 
  6. Quintas Suarez, Moises (2011). "Percutidos". Guia didáctica de instrumentos galegos. Consultado o 2021-07-14. 
  7. Carpintero, Pablo (2019). Música e evolución. Youtube. p. 40 m. 27 s. 
  8. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Ferramentas agrícolas". Consultado o 2021-07-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]