Valse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parella bailando un valse. Imaxe dun fenaquistiscopio.
"Vals do minuto" de Chopin.
Exemplo dun ritmo de valse.[1]

O valse[2] (do galicismo valse, que á súa vez procede do xermanismo Walzer, que provén do verbo alemán wälzen, 'xirar, rodar') é un estilo de baile folclórico e de salón a ritmo lento.

Historia[editar | editar a fonte]

Aínda que non existe acordo no tocante á súa orixe, pénsase que o valse naceu na zona austríaca do Tirol no século XII. Porén, tamén hai teorías que sitúan a súa orixe nunha danza do século XVIII chamada ländler que bailaban os labregos de Austria e do sur de Alemaña, e tamén nunha danza italiana chamada volte.

O valse acadou gran popularidade nos anos 1760 en Viena, estendéndose axiña por outros países.

Características[editar | editar a fonte]

É un baile de tempo ternario que se escribe normalmente en compás de 3/4 e que se baila en parella. No primeiro pulso de cada compás ábrese diagonalmente unha perna, no segundo a outra xúntase facendo que os pés se unan de novo, e no terceiro pulso faise un pequeno paso sen desprazamento co primeiro . Despois repítese o mesmo comezo co outro pé. Son famosos os valses vieneses da familia dos Strauss, como os de Johann Strauss.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Blatter, Alfred (2007). Revisiting music theory: a guide to the practice p.28. ISBN 0-415-97440-2.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para valse.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]