Xota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xota aragonesa.

A xota é unha baile e xénero musical español de carácter popular, estendida por grande parte de la xeografía peninsular. As súas características varían segundo as rexións, sendo as de Aragón, Navarra e Valencia a máis coñecidas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O seu nome provén do castelán, jota, este do antigo xota, este do mozárabe *šáwta, que significa chimpo, e este deriva do latín saltare, bailar. Algunhas teorías din que este baile naceu en Valencia, e o seu nome provén do valenciano antigo xotar (botar o saltar), que pasou o castelán como «jota».

En Valencia, antigamente, bailábase a xota na cerimonia dos enterros, así como en Cataluña, especialmente en zonas próximas ao Ebro (Amposta, Tortosa). Tamén en Canarias as xotas e rondallas con características peculiares eran a parte do folclore máis destacada, hoxe día un tanto desprazadas pola protección de outros estilos máis autóctonos. Nas illas existe a isa, unha peza musical derivada da xota. En Filipinas, os relixiosos españois transmitiron a xota aos tagalos, que a interpretan en rondallas acompañada de instrumentos característicos da zona.

Historia[editar | editar a fonte]

A maioría dos etnomusicólogos considera a xota un baile de orixe relativamente moderna, baseándose tanto na características documentais como nos documentos conservados, posto que aparece citada no sainete La junta de los payos, sainete de Ramón de la Cruz (1761). Non aparece mencionada, sen embargo, en outras escolmas de bailes dos séculos XVI-XVIII. Considérase, polo tanto, que o seu espallamento pola xeografía peninsular produciuse durante o século XIX.

Características[editar | editar a fonte]

O seu ritmo adoita ser compaseado en 3/4, aínda que algúns autores sosteñen que o 6/8 adáptase mellor a estrutura do ciclo coreográfico e estrófico. As harmonizacións populares máis habituais son acordes de primeira, cuarta e quinta del modo maior con sétima dominante. Para a súa interpretación empréganse guitarras, bandurrias, laúdes, dulzaina e tambores no caso da variante castelán, e no caso da cántabra, asturiana e galega por gaitas, pitu montañés, pandeiretas, tambores e bombo.

As versión de exhibición cántanse e báilanse con traxes rexionais e castañolas, non sendo tan habitual no caso de bailala por diversión o como baile social. O contido das cancións é diverso, dende o patriotismo ou a relixión ata os temas sexuais.

Os pasos que executan os bailadores son semellantes ós do valse, aínda que no caso da xota hai moita máis variación. A letra, en canto a forma, adoita a seguir o esquema tradicional de cuartetos octosílabos, rimando en asonante o primeiro e terceiro verso.

Un bo número de compositores non españois empregaron este xénero en obra de inspiración española:

  • Maurice Ravel inclúe compases de xota na súa impresionista Rhapsodie Espagnole.
  • Jules Massenet en Le Cid e Georges Bizet en Carmen inclúen «aragonaises».
  • Emmanuel Chabrier a incorpora na súa sinfonía Espagne (1883).
  • O compositor ruso Mijaíl Glinka, tras unha viaxe por España empregou o estilo da xota na súa obra A xota aragonesa.
  • Liszt, pianista e compositor de orixe húngaro, escribiu unha xota para piano.
  • Saint-Saëns, compositor francés, compuso una xota para orquestra, o mesmo que o compositor ruso Balakirev.
  • Raoul Laparra, compositor francés, compuso una ópera titulada A xota.
  • José White, compositor Cubano (1836-1918), compuso A Xota Aragonesa.

Xota aragonesa[editar | editar a fonte]

Xota aragonesa.

A xota aragonesa é a máis coñecida das manifestacións do folclore musical de Aragón. Poderíase datar a súa orixe contra finais do século XVIII, tendo o seu maior esplendor durante o século XIX, adquirindo grande auxe trala Guerra da Independencia. A súa bravura, a elegancia das súas formas, a difícil execución dos seus pasos e o peculiar xeito de se cantar fixo que a xota evolucionara, e que dende finais do século XIX fora levada aos escenarios como espectáculo. A xota ten sido incluído en zarzuelas, películas, grandes festivais, concursos e certámenes...

Os estilos de baile, chamados puros, por terse conservados ata os nosos días, son os correspondente as localidades de Calanda, Alcañiz, Andorra, Albalate e Zaragoza. Actualmente existen infinidade de coreografías modernas realizadas por e para os grupos folclóricos.

Xota navarra-rioxana[editar | editar a fonte]

Xunto coa aragonesa, forman o grupo das xotas do Ebro. As letras das cancións son versos populares, en algúns casos referidos a temas cotiás presentes nas vidas da persoas polas que foron compostas. Un exemplo son as xotas á vendima ou cantos a Navarra mesma. Outros temas son os familiares, de campo o de amor e desamor. Normalmente a parte instrumental da actuación está interpretada por una rondalla. Existen escolas de xota ao longo de todo o val do Ebro ao paso pola Rioxa e Navarra, e tamén é moi popular en Miranda de Ebro, Tudela, entre outras moitas. Realízanse diversos concursos deste baile, que é un dos máximos expoñentes da cultura desta zona.

Xota montañesa[editar | editar a fonte]

Chámase asía variante cántabra da xota, que tamén é coñecida como "A lu altu y a lu baju". A xota montañesa é de suma elegancia, con movementos de mans suaves e ondulatorios, máis lenta e señorial que as demais. As mulleres deben moverse apenas, case só as mans, os brazos e os pes, levando o compás, sen os movementos bruscos que son propios doutras zonas da Península, e cós ollos baixos, fixos nos pes do bailador. Cando hai máis mozos que mozas, os desaparellados adícanse a ""revolver", é dicir, entran no baile e quitan o sitio aos que xa están bailando, interpóndose entre estes e a súa parella.

A xota non só se acompañaba de pandeiretas. Na cidade de Santander contrataban gaiteiros. En Cabuérniga e no resto de occidente cántabro tocábase con gaita e tambor, e máis modernamente co pitu montañés. En Carmona os mozos levaban "triscos", pequenas tarrañolas.

Xota castelá[editar | editar a fonte]

A xota castelá (tanto a de Castela e León como a de Castela-A Mancha) adóitase acompañar con guitarras, bandurrias, laúdes, dulzaina e tamboril. Todo mentres a parella de bailadores danzan mantendo as mans por riba da altura da cabeza, en ocasións acompañados por castañolas. A xota castelá báilase cos característicos pasos saltados, un chisco picada, e é máis sobria e menos movida e airosa que a de Aragón.

A xota manchega ten como característica propia o trazo de ronda. Moitas xotas da zona coñécense como "Xota do mantecado", xa que era frecuente cantalas e bailalas contra a época de Nadal e outras datas sinaladas.

Xota galega[editar | editar a fonte]

A xota galega é un baile similar ao resto das xotas peninsulares, de onde chegou vía dos que ían á sega a Castela. De feito é normal chamala polo seu nome en castelán, jota. Musicalmente falando, interprétase como a muiñeira, tanto por grupos de pandeiretas ou con gaita. O baile estrutúrase en paseo e punto, habendo en ocasións unha terceira parte chamada descanso. A variante do maneo caracterízase por ter puntos arrastrados, feitos de xeito sincopado. O zapateado é unha variante na que, como o seu nome indica, adóitanse a marcar mediante golpes cos pés os cambios a paseo ou troques de punto.

Xota filipina[editar | editar a fonte]

A Xota filipina era unha das danzas máis populares durante o período colonial español en Filipinas. Era orixinalmente interpretada en reunións sociais (convites de casamento, festas e bautizos) durante o réxime español. Os filipinos imitaron adaptaron a danza española, combinando música e baile de ámbalas dúas culturas.

As variantes da xota filipina difiren de rexión a rexión. Un exemplo é a Xota Paragua, procedente da antiga capital de Palawan, e amosa unha forte influencia castelá. A vestimenta empregada no baile dos zapateados, cubrados e Sevillanas teñen unha evidente orixe española. As mulleres axitan o seu mantón, mentres que os cabaleiros seguen o ritmo cunhas tarrañolas de bambú. A música alterna tempos rápidos con lentos, de xeito similar aos aires españois de danzas como o flamenco, a propia xota española, o bolero, a seguidilla e o fandango.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]