Rabela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rabela
Comarca Santiago.png
A rabela recolleuse na Comarca de Santiago e as súas áreas limítrofes
Orixe culturalGalicia Galicia
Zona de conservaciónComarca de Santiago
Instrumentos típicosRabel
Gaita
Tambor
Derivado deMuiñeira vella
Outros nomesDanza do galo
Muiñeira das castañolas

A rabela[1], tamén chamada muiñeira das castañolas[2] e danza do galo[3], é un tipo de muiñeira vella.[4] Foi documentada en recollas etnográficas na comarca de Santiago e nas zonas costeiras limítrofes, desde Rianxo até Santa Comba.

Características[editar | editar a fonte]

Bailábana un home e un número impar de mulleres (tres, cinco, sete, nove, etc.). O home, asistido de castañolas, movíase facendo puntos, con amplitude de movementos e total liberdade. Marcaba o inicio e as mudanzas do baile e guiaba os desprazamentos coreográficos do grupo de mulleres, seguíndoas e entrelazándose con elas, no que podería considerarse como un baile de cortexo.[4] As mulleres pola súa parte acompañaban os movementos do bailador con pasos miúdos semellantes aos da muiñeira vella. Adoitaban estar en posición de media lúa ou en fila, en ocasións collidas do brazo, e facer desprazamentos en roda ou taboa. Existía unha bailadora principal que se colocaba no medio das outras mulleres e que acostumaba ser a raíña das festas.[2]

Na actualidade acompáñase coa música da gaita e do tambor, se ben antigamente bailábase ao son da música dun rabel, motivo do que deriva o seu nome.[5] O baile garda similitude co corri-corri asturiano[6] e con outro, sempre acompañado dun rabel, existente na zona de Braga.[1]

Por ser un baile case extinto non está presente no repertorio da maioría dos grupos de baile tradicional galego, con algunha excepción, como a agrupación cultural Xacarandaina da Coruña.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Peón, Mercedes (2004). "Introdución conceptual ó noso folclore e baile tradicional" (PDF). Encontros O Son da Memoria (Consello da Cultura Galega): 153–154. 
  2. 2,0 2,1 Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (2018). "Expediente para declarar ben de interese cultural do patrimonio inmaterial o baile tradicional galego" (PDF). Diario Oficial de Galicia (81): 22208. 
  3. Camafeita, Olga (2001). "Danza do Galo". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  4. 4,0 4,1 Martínez San Martín (1998) pp.121-122
  5. Camafeita, Olga (2001). "Rabel". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  6. Corri Corri de Arenas de Cabrales. Youtube (Grupu Xeitu (Luar-TVG)). 2018. p. 3m 0s. 
  7. Galizien American Linie (Fragmento). Youtube (Xacarandaina). 2013. p. 1m 5s. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]