Botella (instrumento musical)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Botella.
Botella labrada | |
---|---|
Información | |
Clasificación | Idiófono refregado |
A botella labrada, xeralmente de anís, é un recipiente empregado na música tradicional galega para o acompañamento musical. Como instrumento correspóndelle a categoría de idiófono refregado.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Este tipo de botellas, con relevos na superficie para evitar que escorreguen das mans, apareceron a finais do século XIX. Axiña foron empregadas nas festas populares para o acompañamento rítmico do canto.
A botella sostense cunha man en posición horizontal en tanto que se refrega ritmicamente cun utensilio metálico como a chave da casa ou o mango dun garfo ou culler.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Quintas Suarez, Moises (2011). "Raspados". Guía didáctica de instrumentos galegos. Consultado o 2021-07-14.
- ↑ "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Botella". Consultado o 2021-07-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carpintero Arias, Pablo (2010). Os Instrumentos musicais na tradición galega. Difusora de Letras, artes. ISBN 8492958057.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Instrumentos de cociña: Botella de anís - Música Campomaior (2020). Youtube