Vira
Vira | |
---|---|
Zona de conservación | Norte de Portugal A Limia (Galiza) |
Instrumentos típicos | Acordeón |
Derivado de | Xota |
O Vira é un baile solto característico do norte de Portugal. Bailase tamén en Galiza onde se conservou principalmente na comarca da Limia.
Características
[editar | editar a fonte]O vira é un derivado da xota, un baile que se popularizou por toda a Península Ibérica no século XIX. Nos territorios do norte de Portugal, a xota deu lugar ao vira ou, visto doutro xeito, vira é nome co que se coñece á xota nestas terras. Neste sentido, o feito de que a copla de volta máis frecuente nas xotas galegas denomine "vira" o baile, fai pensar que posibelmente tamén fose o nome dado as xotas en Galiza antigamente.[1]
Acompañado sempre pola música do acordeón, o vira é un baile lúdico interpretado por un número variábel de parellas colocadas dúas fileiras, unha de homes e outra de mulleres. Ten dúas partes diferenciadas: punto e volta. Os puntos son pasos picados, valseados, embotados, etc; a volta adoita facerse en roda ou cruzando as filas con pasos valseados.[2]
En Portugal existen múltiples variantes tanto musicais como na maneira de bailar o vira dependendo das distintas áreas xeográficas: vira de roda, vira estrepassado, vira roubado, vira afandangado, vira valseado, vira-flor, vira de trempe, vira galego, vira ao desafío, vira poveiro (da Póvoa do Varzim), etc.[3]
En Galiza foi conservado nas comarcas ourensás da raia, en especial na vila limiense de Olelas onde mantén grande tradición.[4][5] Tamén aparece de xeito illado noutros lugares[6] como Bembibre, onde foi recollido polo grupo de baile e música tradicional Brincadeira no ano 1985. A actividade das canteiras da zona trouxo traballadores do norte portugués, sendo a mestura dos xeitos miñotos de tocar e bailar cos galegos a orixe a este baile.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martínez San Martín (1998). pp.126-127
- ↑ Gómez Macias, Ignacio Portela (2018). "A nosa música. Achegándonos á tradición". Eduga: revista galega do ensino (76).
- ↑ Ribas, Tomas. "O Vira. Danças do povo português". Folclore.PT. Consultado o 2021-03-19.
- ↑ "Vira nas festas de Olelas (1991)". Youtube. Consultado o 18/03/2021.
- ↑ "Vira nas festas de Olelas (2018)". Youtube. Consultado o 18/03/2021.
- ↑ "Pasodobre de Manuel". Folkotecagalega. Consultado o 18/03/2021.
- ↑ de la Ossa, Sergio (2009). Así fan os bailadores... Dos Acordes. p. 116.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez San Martín, Anxo (1998). Historia e evolución da danza en Galicia (PDF). O feito diferencial galego: Galicia fai dous mil anos. Vol. 1: Música I (Museo do Pobo Galego). pp. 111–139. ISBN 84-88908-09-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Veciños de Olelas: “Vira e a chula de Olelas” Arquivado 25 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. - Luar - TVG (1996)
- Vira de Bembibre - Pedro Blanco (2008) - Youtube.
- Vira de Olelas - Asociación Cultural Donaire (2018) - Youtube.