Pasodobre
Pasodobre | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | xénero musical, forma musical e tipo de baile ![]() |
Subclase de | baile folclórico español, marcha e música folclórica española ![]() |
Baseado en | pas redouble (en) ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

O pasodobre é un baile de parella de orixe española e militar, que presenta un ritmo alegre e vivo[1]. O termo refírese igualmente á forma musical festeira, curta, executada normalmente pola rúa polas bandas de música e que provén dos desfiles militares. Ten ritmo binario, para poder camiñar mestres se executa. A súa velocidade é de 120 negras por minuto. Ten melodías ledas e carácter típico da música española.[2]
É unha forma que só se dá en España, e que forma parte do seu folclore, sendo moi común no País Valenciano. O pasodobre popularizouse tamén nas festas de Galicia no século XX proveniente doutras zonas de España. A mesma cantiga popular galega d'A Carolina ten ritmo de pasodobre, polo que se pensa que a súa orixe non sería en realidade galega, pois se afasta dos sons galegos propios tradicionais.
Tipos de pasodobres
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pasodobre ![]() |
Hai moitos tipos de pasodobres segundo a ocasión e o lugar onde se utilizan, algúns destes son: pasodobres taurinos, pasodobres de salón, pasodobres marcha, pasodobres de concerto...
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pasodobre.
- ↑ "pasdoble". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.