O gaiteiro galego foi un músico principalmente solista até o século XVIII. Naquela altura comezou a acompañarse asiduamente do tamborileiro, formando o tradicional dúo de gaita e tamboril. Este dueto predominou nas festas e romarías galegas até mediados do século seguinte, cando apareceron en Galiza as bandas de música. Estas novas agrupacións introduciron no panorama musical galego toda unha serie de novos instrumentos que axiña foron adoptados polos músicos populares. Un deles, o bombo, incorporouse ao dúo de gaita e tambor orixinando o trío tradicional, conxunto que se estendeu a todo o país, agás nas zonas montañosas do leste onde o bombo non chegou até moi avanzado o século XX.[2]
Trío de gaita, caixa e bombo en Liber, Becerreá.(1914).