Saltar ao contido

Pandeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pandeira
Pandeiro redondo
Información
ClasificaciónPercusión
Instrumentos relacionadosPandeiro
Pandeireta

Unha pandeira, chamada tamén pandeiro redondo no caso de non levar ferreñas[1], é un instrumento musical de percusión similar á pandeireta, pero de maior tamaño.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

A pandeira é o resultado de retirar a rede dunha peneira ou cribo[3], cubrir un dos lados cun parche feito coa pel dun animal e engadir ferreñas no marco de madeira. Existen diferentes técnicas para tocalas, sendo o máis habitual sostelas verticalmente coa man esquerda, co polgar introducido nun furado circular existente no marco, mentres se percute cos dedos da man dereita sobre a pel.[4]

Até finais do século XIX estes instrumentos abundaron en moitos lugares de Galiza, esmorecendo o seu uso coa aparición da pandeireta na música popular. A comezos do século XX, o seu emprego estaba extinguido no país, agás nas zonas montañosas dos Ancares.[5] Neste lugar, concretamente na aldea de Piornedo, celébrase desde 2006 a Festa da pandeira, un evento que congrega as tocadoras do instrumento das comarcas galegas, asturianas e leonesas próximas á serra de Ancares.[6]

  1. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Pandeiro (redondo)". Consultado o 2021-09-23. 
  2. Camafeita, Olga (2010). "Pandeira". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora. p. 112. 
  3. Imaxe dun cribo.
  4. Díaz, Xabier (2014). "As ferreñas fanlle o son..." Concerto didáctico. p. 56:52. 
  5. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Pandeira". Consultado o 2021-09-24. 
  6. "Festa da Pandeira". 2013-08-25. Consultado o 2021-09-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]