Xeometría
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A xeometría (do grego geo "terra" e metron "medida") é a ciencia exacta que estuda o comportamento dos elementos na álxebra n-dimensinal e as súas relacións. Cando se traballa na álxebra bidimensional chámase xeometría plana, e se é na tridimensional chámase xeometría do espazo. Xa que a xeometría é un trasunto da álxebra das matemáticas, existen xeometrías de máis dimensións, das que se podería dicir que se encarga a física cuántica debido á súa preocupación pola estrutura da materia. Xa que logo, a xeometría traballa con conceptos coma o punto, a liña e o plano e as súas relacións coma paralelismo, intersección, perpendicularidade e unión. As disciplinas que estudan a resolución dos problemas formulados dentro deste marco teórico son o debuxo técnico ou debuxo industrial.
Máis propio da xeometría plana é o traballo con elementos coma o ángulo, o vértice, o polígono, o círculo, a circunferencia e o centro; e utilizar métodos de resolución propios coma a potencia, a homoloxía, a homotecia, a bisectriz, a mediatriz, a mediana, o baricentro, o circuncentro, o incentro, a altura, etc.
No que se refire á xeometría espacial, os conceptos correspondentes son o radiángulo, o diedro, o poliedro, a esfera e a superficie esférica.
[editar] Véxase tamén
- Xeometría analítica
- Xeometría diferencial
- Xeometría euclídea
- Xeometría euclidiana
- Xeometría proxectiva
- Xeometría descritiva
- Xeometría espacial
- Xeometría de incidencia
- Xeometría de dimensións baixas
- Xeometría plana
[editar] Outros artigos
|
|
|||
|---|---|---|---|
| Xeometría de rectas | segmento · semirrecta · recta | ||
| Xeometría de curvas | arco · circunferencia · centro - raio · diámetro · secante · tanxente · círculo · sector · elipse · parábola · hipérbola | ||
| Xeometría de polígonos | Rectas: altura · apotema · bisectriz · ceviana · diagonal · mediana · mediatriz · Puntos: baricentro · circuncentro · incentro · ortocentro | ||
|
|||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas matemáticas que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
