Meteorización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A meteorización é a descomposición das rochas, solos e os minerais terrestres a través do contacto directo coa atmosfera do planeta. A meteorización ocorre in situ, ou "sen movemento", e, polo tanto, non debe ser confundida coa erosión, que implica o movemento de rochas e minerais por axentes como a auga, xeo, vento e gravidade.

Hai dous tipos principais de meteorización - a meteorización física e química. Na mecánica ou física a meteorización implica a desagregación das rochas e solos través do contacto directo coas condicións atmosféricas, tales como a calor, auga, xeo, e presión. A meteorización química, precisa do efecto directo dos axentes atmosféricos químicos ou biolóxico producidos na ruptura de rochas, solos e minerais. Os materiais producidos pola ruptura da rocha combinados coa materia orgánica xenera solo. O contido mineral do solo ven determinado polo material parental, un solo derivado dun único tipo de rocha pode ser deficiente en un ou máis minerais para garantir unha boa fertilidade, mentres un solo derivado dunha mestura de diversos tipos de rocha (sedimentos glacial, eólico ou aluvial) é as máis das veces fértil.

Meteorización física ou mecánica[editar | editar a fonte]

A meteorización mecánica é a causa das desintegración das rochas. O proceso primario na meteorización mecánica é a abrasión. Non obstante, a meteorización física e a química moitas veces van xuntas. Por exemplo, as fendas que explotan por meteorización mecánica incrementan a área da superficie exposta á acción química. Alén diso, a acción química nas fendas dos minerais pode axudar no proceso de desintegración.

Expansión térmica[editar | editar a fonte]

A expansión térmica moitas veces, ocorre en áreas de elevada temperatura, como desertos, a temperatura permanece alta polo día, baixando bruscamente pola noite, así pois polo día a rocha dilátase e pola noite contraese. A tensión mecánica exércese sobre todo sobre as capas externas e fai que estas se separen en finas follas, aínda que causada principalmente polos cambios de temperatura, a humidade pode reforzala.

Ciclo desxelo-conxelamento[editar | editar a fonte]

Este tipo de meteorismo é común nas zonas de montaña, onde a temperatura está en torno de punto de conxelamento. As xeadas inducen o meteorismo, aínda que moitas veces asignada a expansión do conxelamento da auga capturada nas fisuras, xeralmente é independente da expansión da auga ao xeo. Hai moito que se sabe que o solo húmido expándese mediante o conxelamento, como resultado do movemento da auga ao longo de áreas desxeadas través de películas finas que recollen os restos de xeo. Este mesmo fenómeno ocorre nos espazos porosos das rochas. Elas medran na medida en que atrae auga líquida dos poros do contorno. O cristal do xeo medra enfraquecendo as rochas, que, ao tempo rompen. O fenómeno causao causado pola propiedade da auga en ter a súa maior densidade a 4º C, de modo que o xelo ten maior volume ca auga a unha temperatura inferior a 4ºC. Cando auga conxela, entón expándese e pons oseus arredores baixo unha intensa tensión interna.

Liberación de presión[editar | editar a fonte]

Liberación de presión no granito

Na liberación de presión, tamén coñecida como descarga, os materiais sobrepostos (non necesariamente rochas) elimínanse (pola erosión, ou por outros procesos), o que causa a expansión das rochas subxacentes en fracturas paralelas á superficie. Moitas veces o material sobreposto é duro, e as rochas subxacentes experimentan unha alta presión baixo del, deles baixo alta presión que pode contribuír tamén ao movemento do glaciar. A liberación de presión pode tamén causar esfoliación. As rochas ígneas intrusivas (p.ex. granito) fórmanse en profundidade embaixo da superficie da Terra, baixo enorme presión debido ao material rochoso sobreposto . Cando a erosión elimina ese material rochoso, estas rochas intrusivas quedan expostas e á presión tende a diminuír. A parte externa desas rochas, a continuación, tende a se expandir. A expansión provoca unha tensión que causa fracturas paralelas ao longo da superficie da rocha. Co tempo, as follas da rocha rompen das rochas expostas ás fracturas.