Pomponio Mela
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pomponio Mela foi un xeógrafo hispano que viviu no século I despois de Cristo.
Traxectoria [editar]
Naceu en Tingentera, cerca de Tarifa, e escribiu nas décadas trinta e corenta do século I. Fixo unha obra en tres libros na que describe as diversas terras que se coñecían, e que se titula Chorographia.
No que se refire a Hispania fai descricións de costas do Mediterráneo, das illas Baleares, da zona de Cádiz e da costa atlántica. A súa obra é importante por recoller máis dun cento de topónimos e etnónimos da Península Ibérica no século I. Posiblemente as informacións achegadas por militares, funcionarios romanos e visitantes constitúan as súas fontes, ademais de Cornelio Nepote, Salustio e Varrón.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Edición en latín de "De Chorographia"
- Cosmographia, sive De situ orbis / cum figuris necnon cum annotationibus Francisci Nunnis de la Yerva. Edición facsímile da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Reprodución dixital da edición de Salmanticae, [Typ. Nebrissensis: "Gramática" (Haeb. 470)], 1498.