Wladimir Köppen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wladimir Köppen en 1921

Wladimir Peter Köppen, nado en San Petersburgo o 25 de setembro de 1846 e finado en Graz, Austria, o 22 de xuño de 1940, foi un xeógrafo, meteorólogo, climatólogo e botánico ruso de ascendencia alemá que desenvolveu a súa carreira científica en Alemaña e Austria. A súa grande contribución foi a clasificación climática de Köppen, aínda usada hoxe en día, con algunhas modificacións, para clasificar os climas da Terra, baseándose case en exclusiva nos datos de temperaturas e precipitacións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pais alemáns, naceu en Rusia e estudou en Crimea. Doutorouse en Leipzig en 1870 cun estudo sobre os efectos da temperatura no medre das plantas. En 1875 empezou a traballar no Observatorio Naval alemán de Hamburgo, onde se fixo responsable do seu servizo de predición meteorolóxica.

A partir de 1884 empezou a traballar nunha clasificación exhaustiva dos climas da Terra, empresa que non culminou ata o 1918, cando publicou a versión completa da súa clasificación, aínda que posteriormente el mesmo lle fixera varias modificacións, datando a última de 1936.

Tamén realizou estudos de paleoclimatoloxía xunta ao seu xenro Alfred Wegener, famoso pola súa teoría da deriva continental e colaborou co climatólogo alemán Rudolf Geiger na elaboración dos cinco volumes da súa obra Handbuch der Klimatologie (Manual de Climatoloxía, en tradución literal ao galego).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]