Paul Vidal de la Blache

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Vidal de La Blache

Paul Vidal de la Blache (Pézenas, Herault Languedoc, 22 de xaneiro de 1845 - Tamaris-sur-Mer, Provenza, 5 de abril de 1918) foi un xeógrafo francés, considerado como o pai da Xeografía rexional.

Biografía académica[editar | editar a fonte]

Durante a súa estada en Atenes realizou diversas viaxes polo Mediterráneo que despertaron a súa curiosidade xeográfica. Nesa época leu a obra de Alexander von Humboldt e a de Carl Ritter. A súa tese doutoral (1872) estivo dedicada aos epitafios gregos da Asia Menor, e grazas á mesma foi nomeado profesor da universidade de Nancy entre 1873-1877. Máis tarde o foi da École Normale Supérieure de París en 1877-1878 e, logo, catedrático de xeografia na Sorbona entre 1898-1909, onde demostrou grande interese pola historia antiga.

A obra de Vidal de la Blache[editar | editar a fonte]

Preocupouse pola acción humana sobre o medio físico no que está inmerso e, en certa maneira, polas diferentes modalidades de adaptació a unhas condicións físicas máis ou menos difíciles. Foi un dos promotores dos estudos de xeografía rexional en Francia, mediante os seus discípulos Jules Sion, Jean Brunhes, Albert Demangeon ou Emmanuel de Martonne, que conformaron o que se denominou a Escola Xeográfica Francesa. Creou e dirixíu a revista Annales de Géographie (1891) e dirixíu a colección Geographie Universelle.

Vidal de la Blache foi non só un precursor da xeografia rexional francesa, senón aínda do estudo da rexión e da comarca (pays) como áreas onde se efectúan as relacións entre fenómenos físicos (milieu) e humanos (genre de vie, modo de vida), que dan lugar a unha paisaxe particular (paysage). Combateu decididamente o determinismo ambiental, que posteriormente Lucien Febvre denominaría posibilismo, e foi partidario dunha aproximación científica aos fenómenos de tipo indutivo e historicista.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Hérode Atticus. Étude critique sur la vie, (1872)
  • États et nations d'Europe (1881)
  • La terre, géographie physique et économique, (1883)
  • Atlas général d'histoire et de géographie (1894)
  • Tableau de la géographie de la France,(1903)
  • La France de l'Est, (1917)
  • Principes de géographie humaine (1918).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]