Fulham Football Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fulham
Nome Fulham Football Club
Alcume(s) Whites,
Cottagers
Fundación 1879
Estadio Craven Cottage,
Londres, Inglaterra
Inauguración 1896
Capacidade 22.230
Presidente Exipto Mohamed Al-Fayed
Adestrador Flag of the Netherlands.svg Martin Jol
Liga The Championship
2013–14 19º (Premier League)
Vestimenta Kappa
Patrocinador FxPro
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Fulham Football Club é un club de fútbol do distrito de Hammersmith e Fulham da cidade de Londres, en Inglaterra. Foi fundado en 1879, sendo o equipo profesional máis antigo de Londres. Xoga na Premier League desde a tempada 2001/02.

Historia[editar | editar a fonte]

O Fulham foi fundado en 1879 co nome de Fulham St Andrew's Church Sunday School FC. Todos os primeiros xogadores foron cristiáns. En 1888 cambiouse o nome polo actual.

O equipo estivo moito tempo na Primeira División do fútbol inglés dese tempo preto dos anos 1960, pero nunca conseguiron ningún trofeo de importancia. Chegaron á final da FA Cup en 1975, pero foron derrotados polo West Ham United. O único trofeo de importancia da historia do equipo é gañar unha clasificiación para a Copa da UEFA por saír campión da Copa Intertoto da UEFA, ao gañarlle na final ao Bologna FC por 3-0.

O 29 de abril de 2010, o Fulham derrotou 2-1 ao Hamburgo SV e clasificouse para a final da primeira edición da UEFA Europa League. Nela enfrontaríase ao Atlético de Madrid o 12 de maio de 2010. O encontro foille esquivo, perdendo por 2-1 na prórroga. Os goles foron marcados por Diego Forlán para o conxunto español e Simon Davies para o equipo inglés.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro, medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta roxinegra, pantalón branco, medias negras.
  • Terceiro uniforme: Camiseta, pantalón e medias verde e amarelo.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do Fulham FC.

Estadio[editar | editar a fonte]

Vista característica do estadio.
Artigo principal: Craven Cottage.

O club xoga de local no estadio Craven Cottage desde 1896. O estadio atópase á marxe do río Támesis en Fulham. Durante as tempadas 2002/03 e 2003/04 o equipo xogou de local en Loftus Road, o estadio do Queens Park Rangers, mentres o Craven Cottage estaba sendo remodelado para cumprir coas esixencias da Premier League.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]