Copa de Feiras
A Copa de Cidades en Feira (en inglés: Inter-Cities Fairs Cup), ou máis concisa e popularmente Copa de Feiras, foi unha competición internacional de clubs disputada integramente en Europa instituída o 18 de abril de 1955 (dúas semanas logo da creación da Copa de Europa). A súa creación foi iniciativa de Ernst Thommen, de Ottorino Barrasi (naquel tempo, secretarios xerais da FIGC e da FA, respectivamente) e de Stanley Rous, secretario da FIFA, coa finalidade de enfrontar a representativos de cidades europeas que tiveran albergado feiras de mostras internacionais: Barcelona, Basilea, Birmingham, Copenhaguen, Frankfurt, Lausana, Leipzig, Londres, Milán e Zagreb[1]
A Copa de Feiras, a pesar de ser considerada a competición precursora da UEFA Europa League (coñecida ata o 2009 co nome de Copa da UEFA), non está contabilizada nin a nivel estatístico nin de palmarés[2][3] no ámbito das competicións de clubs da UEFA, ao non estar afiliada a devandita institución.[4]
O club con máis títulos é o Fútbol Club Barcelona con tres.
Índice |
Historia[editar]
A pesar que a idea inicial era que os participantes fosen seleccións de cidades, e non clubs destas cidades, a realidade desde o principio foi a contraria. Barcelona xa competiu na primeira edición con xogadores unicamente do FC Barcelona, e ata cunha vestimenta azul e grana. A maioría do resto de cidades tamén se representaron cos principais equipos da súa cidade, e non cunha selección de diversos equipos. O campión da primeira edición foi o Barcelona, que se impuxo en partido a dobre volta á selección de Londres (equipo amateur) por un total de 8:2.
Para a segunda edición introducíronse cambios. Concibiuse un torneo de duración menor, dous anos (1958/1960), no que os equipos xa se enfrontarían en eliminatorias, segundo sorteo, con partidos de ida e volta. Os participantes debían seguir sendo equipos pertencentes a cidades con feiras, pero xa non tiñan que ser seleccións da cidade, senón clubs. A partir da terceira edición (1961), a competición pasou a ser anual, e foi ampliando o número de equipos participantes ata superar os 60 nas súas últimas edicións. Desde 1968, os equipos pasaron a clasificarse pola súa posición nas ligas dos seus respectivos países.
Finalmente a UEFA tomou o control do torneo e decidiu substituílo por unha nova competición, cun novo trofeo e novas regras: a Copa da UEFA. A da tempada 1970/1971 foi, así, a última edición da Copa de Feiras. O 22 de setembro de 1971 disputouse un partido único para definir quen tería en propiedade o trofeo, entre o primeiro club que o gañou, o FC Barcelona, e o último campión, o Leeds United. Neste torneo, denominado Copa de Campións de Feiras, venceu o FC Barcelona por un marcador final de 2:1, nun partido disputado no Camp Nou.
Durante os primeiros anos, a Copa de Feiras foi dominada polos equipos españois, ao gañala o Barcelona en tres edicións, o Valencia en dúas e o Real Zaragoza nunha. Non foi ata 1968 cando un equipo do norte de Europa, o Leeds United, conquistou o trofeo, marcando así un período de dominio do fútbol inglés nas últimas edicións da competición.
Historial de finais[editar]
En negriña o resultado no campo do campión.
| Temporada | Campión | Subcampión | Ida | Volta |
|---|---|---|---|---|
| 1955/58 | 2-2 | 6-0 | ||
| 1958/60 | 0-0 | 4-1 | ||
| 1960/61 | 2-2 | 2-0 | ||
| 1961/62 | 6-2 | 1-1 | ||
| 1962/63 | 1-2 | 2-0 | ||
| 1963/64 | 2-1 | * | ||
| 1964/65 | 1-0 | * | ||
| 1965/66 | 0-1 | 4-2 | ||
| 1966/67 | 2-0 | 0-0 | ||
| 1967/68 | 1-0 | 0-0 | ||
| 1968/69 | 3-0 | 2-3 | ||
| 1969/70 | 3-1 | 3-0 | ||
| 1970/71 | 2-2 | 1-1 |
(*) Finais a partido único.
Palmarés[editar]
Por equipos[editar]
| Equipo | País | Títulos | Subcampionatos | Anos campión |
|---|---|---|---|---|
| Barcelona | 3 | 1 | 1958, 1960 e 1966 | |
| Valencia | 2 | 1 | 1962 e 1963 | |
| Leeds United | 2 | 1 | 1968 e 1971 | |
| Zaragoza | 1 | 1 | 1964 | |
| Ferencváros | 1 | 1 | 1965 | |
| Dinamo Zagreb | 1 | 1 | 1967 | |
| AS Roma | 1 | 0 | 1961 | |
| Newcastle United | 1 | 0 | 1969 | |
| Arsenal | 1 | 0 | 1970 | |
| Birmingham City | 0 | 2 | ||
| Juventus | 0 | 2 | ||
| Londres XI | 0 | 1 | ||
| Újpest | 0 | 1 | ||
| Anderlecht | 0 | 1 |
Por países[editar]
| País | Títulos | Subcampionatos |
|---|---|---|
| 6 | 3 | |
| 4 | 4 | |
| 1 | 2 | |
| 1 | 2 | |
| 1 | 1 | |
| 0 | 1 |
Estatísticas[editar]
Equipos españois[editar]
| Equipo | Participacións | Gañador |
|---|---|---|
| FC Barcelona | 11 | 3 |
| Valencia CF | 9 | 2 |
| Real Zaragoza | 5 | 1 |
| Athletic Club | 5 | |
| Atlético de Madrid | 2 | |
| RCD Espanyol | 2 | |
| Sevilla FC | 2 | |
| UD Las Palmas | 1 | |
| CE Sabadell | 1 | |
| Real Betis | 1 |
Notas[editar]
- ↑ "Historia da Copa Europa League". uefa.com. 2009. http://es.uefa.com/competitions/uefacup/history/index.html. Consultado o 20 de agosto de 2009.
- ↑ "Un dilema histórico". Elmundodeportivo.es. 2003. http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/2003/09/23/pagina-7/552332/pdf.html. Consultado o 26 de setembro de 2003.
- ↑ "O Barça, gran atracción do sorteo". Elmundodeportivo.es. 1992. http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1987/03/20/pagina-34/1264069/pdf.html?search=ganadores%20de%20las%20tres%20competiciones%20europeas. Consultado o 16 de xullo de 1992.
- ↑ "A Copa da UEFA da A á Z". uefa.com. 2009. http://es.uefa.com/competitions/uefacup/news/kind=1/newsid=831494.html. Consultado o 29 de maio de 2009.