RSC Anderlecht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Royal Sporting Club Anderlecht")
RSC Anderlecht
Nome Royal Sporting Club Anderlecht
Alcume(s) Púrpuras e brancos
Fundación 1908
Estadio Constant Vanden Stock,
Anderlecht, Bélxica Bélxica
Inauguración 1983
Capacidade 28.361
Presidente Bélxica Roger Vanden Stock
Adestrador Bélxica Ariël Jacobs
Liga Eerste klasse
2009-10
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Royal Sporting Club Anderlecht é un club de fútbol de Bélxica, do municipio de Anderlecht en Bruxelas. Foi fundado o 27 de maio de 1908 e disputa a Eerste klasse, primeira división belga. É o equipo con máis títulos da Liga belga (30), obtendo o último no ano 2010.

Ademais dos seus numerosos títulos nacionais, é xunto ao RKV Malinas, o único equipo belga que conquistou títulos europeos: 2 títulos da Recopa de Europa e 2 da Supercopa de Europa (1976 e 1978) máis unha Copa da UEFA (1983). Ultimamente, a súa participación en torneos europeos non foi moi destacada.

Índice

Uniforme [editar]

  • Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón púrpuro, medias brancas.
  • Uniforme titular: Camiseta púrpura, pantalón púrpuro e medias púrpuras.

Antes da tempada 2005-06, o equipo tiña como uniforme titular unha camiseta branca con vivos púrpuras, que é agora o actual uniforme alternativo.

Estadio [editar]

Exterior do estadio
Artigo principal: Constant Vanden Stock.

O RSC Anderlecht xoga os seus partidos de local no estadio Constant Vanden Stock, situado no Parque Astrid da comuna de Anderlecht en Bruxelas. Actualmente, o equipo actualmente considera construír un estadio con máis capacidade para espectadores, que non necesariamente estaría en Anderlecht.

Palmarés [editar]

Torneos nacionais [editar]

Torneos internacionais [editar]

Torneos amigables [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]