Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Associazione Sportiva Roma é un club de fútbol de Italia, radicado na cidade de Roma na rexión de Lazio. Fundouse en 1927, participou permanentemente na máxima categoría do fútbol italiano desde la creación desta, ausentándose únicamente na tempada 1951-52.
Até o momento, a Roma consagrouse campión da Serie A italiana en 3 ocasións, ademais de adxudicarse a Copa de Italia en 9 ocasiónss. A nivel internacional, conquistou a Copa de Feiras na tempada 1960-61 e alcanzou a final da Copa de Europa en 1983-84 e da Copa da UEFA en 1990-91.
Exerce como local no Stadio Olimpico di Roma, o cal comparte co seu tradicional rival SS Lazio. Cun aforo de 81.903 espectadores é o segundo estadio con maior capacidade en Italia, só por detrás do Estadio Giuseppe Meazza de Milán, e está considerado, segundo os parámetros da UEFA, como un reduto de 5 estrelas.
Foi elixido catro veces pola IFFHS como o Mellor equipo do mundo do mes.[1]
[editar] Cadro actual
- Datos do 31 de agosto de 2011.
[editar] Ligazóns externas