Acacia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Traballo en progreso: Este artigo de Botánica é, polo de agora, só un bosquexo e cumpriría amplialo até convertilo nun verdadeiramente enciclopédico. Traballa nel, ou noutros artigos de Botánica, e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.

As acacias son un xénero de arbustos e árbores pertencentes á familia Fabaceae e sub-familia Mimosoideae, aínda que tamén se coñece vulgarmente co nome de acacia moitas árbores leguminosas doutros xéneros.

Existen unhas 1.300 especies no mundo e, destas, 950 especies proceden de Australia.

Necesitan un lugar fresco para invernar, con temperaturas comprendidas entre 5 e 10 ºC. No verán necesita abundantes regas, cunha fertilización completa.

As acacias son moi importantes xa que son plantas fixadoras de nitróxeno. Desta forma, contribúen á nitrificación do chan e a que este sexa ideal para plantas, como as ornamentais, que necesitan de solos básicos. Tamén facilitan o acceso a este elemento a outras plantas.

Son de rápida xermolación e de doado coidado.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais