Addax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Addax
DishonMikrai002.jpg
Estado de conservación
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Hippotraginae
Xénero: ''Addax''
Laurillard, 1841
Especie: ''A. nasomaculatus''
Nome binomial
''Addax nasomaculatus''
(de Blainville, 1816)[1]
Distribución do addax

Distribución do addax
Sinonimia

O addax (Addax nasomaculatus) é un antílope de extrema rareza que vive en múltiples zonas illadas do Sáhara. O addax mide arredor de 1 metro de altura e pesa 125 kg. É de cor branca, agás o seu peito, pescozo e testa que son predominantemente castaños, cunha zona branca sobre a ponte do nariz e outras arredor da boca. Os cornos anelados están presentes nos machos e femias, diferenciándose no tamaño: nos machos chegan aos 120 cm de longo e nas femias a 80 cm. A diferenza doutros antílopes carece de glándulas faciais e presenta unha gran dentamia rectangular, semellante á do gando.[3]

Os addax viven en zonas desérticas, alimentándose da herba e follas dos arbustos que están adaptados ao deserto. Non beben, obtendo toda a humidade que precisan do que comen. É un animal nocturno, descansando durante o día en buratos que eles mesmos escarvan. Viven en rabaños de entre dous e vinte animais, femias e machos, cunha forte estrutura social baseada na idade, o macho máis vello conduce a grea, percorrendo grandes distancias na procura de alimento.

En grave perigo de extinción, en 1966 había 6.000, mentres en 1998 quedaban uns 200 individuos en Chad, Mali, Mauritania e Níxer, algún rabaño illado no sur de Libia, non hai evidencia da súa conservación máis ao norte. En Alxeria extinguiuse arredor de 1970. [Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Modelo:MSW3
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Krausman2007
  3. Robert Burton The International Wildlife Encyclopedia, vol 8. Marshall Cavendish, 2002, páxina 24
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Addax