Observatorio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un observatorio é unha localización empregada para a observación de acontecementos terrestres e/ou celestiais. A astroloxía, astronomía, climatoloxía/meteoroloxía, xeoloxía, oceanografía e vulcanoloxía son exemplos de disciplinas para as cales foron construidas observatorios. Historicamente os observatorios eran tan sinxelos coma un sextante (para medir a distancia entre estrelas) ou Stonehenge (que ten algunhas alineacións hacia fenómenos astronómicos).
Índice |
[editar] Observadores astronómicos
[editar] Observatorios terrestres
Estes observatorios, localizados na superficie da Terra, empréganse para facer observacións nas porcións do espectro electromagnético da frecuencia de radio e da luz visibel. A maioría dos telescopios ópticos están resgardados dentro dunha cúpula ou estrutura similar para protexer os delicados instrumentos dos elementos naturais. As cúpulas de telescopios conteñen unha comporta ou outra abertura no teito que pode abrirse para a observacións e pecharse cando o telescopio non está sendo empregado. Na maioría dos casos, a parte superior da cúpula pode rotar coa finalidade de permitir que o instrumento observe distintas seccións do ceo nocturno. Os radiotelescopios xeralmente non teñen cúpula.
[editar] Observatorios ópticos
No tocante aos telescopios ópticos, a maioría dos emprazados no chan están localizados lonxe dos maiores centros de poboación para evitar os efectos da contaminación lumínica. As localizacións ideais para os telescopios modernos son sitios que teñen ceos escuros, un alto porcentaxe de noites despexadas ao ano, aire seco, e en altitudes elevadas. A altas cotas, a atmosfera terrestre é máis fina, polo que minimízanse os efectos de turbulencia atmosférica.
[editar] Observatorios de radio
Comezando nos anos trinta, os radiotelescopios teñen sido construidos no campo da radioastronomía. Tal instrumento, ou agrupamento deles, xunto con outras construcións adxuntas coma centros de control, centros de redución de información, e de mantemento, son chamados observatorios de radio. Os observatorios de radio están tamén localizados lonxe dos maiores núcleos de poboación para evitar as interferencias electromagnéticas da radio, televisión, radar... Pero a diferenza dos observatorios ópticos, os observatorios de radio son emprazados en vales para escudalos destas interferencias. Algúns dos maiores observatorios de radio son o Very Large Array, en Novo Mexico, USA, Jodrell Bank no Reido Unido, Arecibo, Puerto Rico e Parkes e Nova Gales do Sur, Australia.
[editar] Observatorios espaciais
Os observatorios espaciais son telescopios ou outros instrumentos localizados no espazo exterior, moitos en órbita ao redor da terra. Os observatorios espaciais poden ser empregados na observación astronómica de obxectos a lonxitudes de onda do espectro electromagnético que non poden penetrar na atmosfera terrestre, e son, polo tanto, imposibeis de observar empregando telescopios terrestres. A atmosfera terrestre é opaca ás radiacións ultravioleta, raios X, raios gamma e parcialmente opaca á infravermella, polo que as observacións nestas porcións do espectro electromagnético son mellor levadas a cabo por riba da atmosfera do noso planeta.

