Tormenta de po

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe dunha tormenta de area sahariana sobre o Océano Atlántico (2000)
Tormenta de area en Al Asad, Iraq
Tormenta de po a gran escala en Marte (2001)

Unha tormenta de po é un fenómeno meteorolóxico común no deserto do Sahara da África setentrional, nas Grandes Chairas de Norteamérica, en Arabia, no deserto do Gobi de Mongolia, no deserto Taklamakán do noroeste de China e noutras rexións áridas e semiáridas.

As tormentas de po severas poden reducir a visibilidade a cero, imposibilitando a realización de viaxes, e levar voando a capa superior do chan, depositándoa noutros lugares. A seca e, por suposto, o vento contribúen á aparición de tormentas de po, que empobrecen a agricultura e a gandaría. O po recolleito nas tormentas pode trasladarse miles de quilómetros: as tormentas de area do Sahara inflúen no crecemento do plancto no oeste do Océano Atlántico e, segundo algúns científicos, son unha fonte importante de minerais escasos para as plantas da pluvisilva amazónica. As tormentas de po poden observarse a miúdo en fotografías tomadas dende satélites. Cando o po en suspensión é arrastrado por fortes correntes de aire cara a outros lugares e chove, dise que chove lama, porque todo énchese de pinguiñas de lama que se secan, e rematan emporcando todo.

Noutros planetas[editar | editar a fonte]

Coñécense tormentas de po a gran escala no planeta Marte. As tormentas neste planeta duran máis e cobren áreas maiores cá na Terra: algunhas destas tormentas cobren o planeta completamente durante centos de días alterando o equilibrio térmico do planeta e producindo arrefriados intensos da superficie.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tormenta de po

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]