Bambuco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bambuco é un xénero musical propio de Colombia. Está considerado un dos máis representativos dese país, tanto é así que chegou a ser recoñecido entre os emblemas nacionais[Cómpre referencia] e como parte do folclore desta nación caribeña.

Características[editar | editar a fonte]

O seu ritmo, na partitura, básase nun compás binario con subdivisión ternaria (6/8), aínda que pode ser interpretado en compás ternario con subdivisión binaria o 3/4. O bambuco é unha composición basada na co­pla e na toada cun certo aire mestizo. Trátase dun xénero moi descritivo, romántico e nostálxico, utilizado amplamente para expresar o orgullo e a altivez pola terra e a raza, tal como figura na letra da composición "Son colombiano" de Rafael Godoy:

A mí cánteme un bambuco,

de esos que llegan al alma,
cantos que ya me alegraba
cuando apenas decía mama.

Lo demás será bonito,
pero el corazón no salta,
como cuando a mi me cantan

una canción colombiana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]