Fuga
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fuga é unha forma de construción musical, cun procedemento de creación e estrutura moi determinados. A súa composición consiste no uso da polifonía vertebrada polo contrapunto entre varias voces ou liñas instrumentais de igual importancia baseado na imitación ou reiteración de melodías en diferentes tonalidades e no desenvolvemento estruturado dos temas expostos. Cando esta técnica se usa como parte dunha peza maior, dise que é unha sección fugada ou un fugato. Unha fuga pequena recibe a denominación de fughetta.
O significado do nombre "Fuga" na Edade Media era unha obra xeral canónica, e non se iba a coñecer a Fuga no sentido moderno ata o siglo XVII.