Lied

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O lied (plural lieder) é en alemán canción pero na tradición musical europea pasou a denominar un tipo de canto de orixe alemán desenvolvino no romanticismo alemán para un cantante só e piano, dunha fonda e íntima sensibilidade, sen pretensión ningunha, de virtuosismo vocal baseado no clima poético dun texto polo xeral de gran calidade, Goethe, Schiller ou Heine, etc. Preténdese que a música vaia máis alá do poema explorando a zona sentimental de misterio, querenza do romanticismo alemán. O piano máis que acompañando á voz dialoga con ela, en forma de comentario sonoro paralelo que acentúa o carácter irreal e máxico da composición. Grandes compositores de lieder foron Franz Schubert, Robert Schumann ou Felix Mendelssohn.