Baixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baixo eléctrico de cinco cordas

O baixo é un instrumento musical eléctrico de catro, cinco ou seis cordas (o máis habitual son catro), un híbrido entre a guitarra e o contrabaixo, tal como o explica o seu nome orixinal: guitarra baixa (en inglés bass guitar). Adoita a tocarse sobre todo usando os dedos, pero tamén pode tocarse con púa.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu nacemento débese ós intentos fallidos por amplificar o contrabaixo, que a causa da nova música que se interpretaba na época (Big Band, combos de Rhythm and blues, ou grupos de rock and roll) se estaba facendo cada vez máis imperceptible.

A pesar de que na década de 1930 houbo varios intentos de distintos fabricantes, sobre todo de Rickenbacker, o baixo eléctrico nace en 1951 da mán de Leo Fender, fabricando un prototipo que sería satisfactorio para os intérpretes saíndo ó mercado como o modelo Fender Precision, xa que ó estar dotado con trastes solucionaba, ademais dos problemas da limitación de volume, os problemas de afinación do contrabaixo.

A pesar de ser un instrumento moi utilizado desde a súa creación ata nosos días, non remprazou para nada ó contrabaixo, senón que conviven en total harmonía ocupando cada un o seu espazo dentro do repertorio musical.