Sinfonía
Unha sinfonía é unha forma musical instrumental escrita para orquestra, composta de varios movementos, xeralmente catro, que adoitan presentar a seguinte estrutura: 1) Allegro inicial. Forma sonata. 2) Movemento lento. Forma lied ternario (ABA) ou tema con variacións. 3) Minueto con trío. Beethoven pasaría a denominalo scherzo. 4) Rondó final (ABACAD).
Características [editar]
A sinfonía parte da abertura barroca, unha vez que esta se vai desligando da obra que introducía. Será no século XVIII cando defina a súa forma clásica grazas a autores italianos coma Sammartini, aos músicos de Mannhein e, finalmente, a autores coma Haydn ou Mozart.
Pese a ser unha obra instrumental, fóronselle incorporando solistas vogais, caso da Novena de Beethoven, a Sinfonía Lobgesang de Felix Mendelssohn ou varias sinfonías de Mahler.
Segue a ser un xénero que traballan os compositores actuais, coma Penderecki pero a estrutura que adopta non é necesariamente a clásica e o termo "sinfonía" refire unha obra orquestral sen máis.