Pérez Prado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Pérez Prado | |
|---|---|
Pérez Prado con Alfredo Ruiz del Río |
|
| Nome completo | Dámaso Pérez Prado |
| Alias | Car'e Foca |
| Naceu | Matanzas |
| Orixe | |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Cantante compositor actor |
| Xénero | Mambo |
| Instrumento(s) | Piano, maracas, órgano |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | RCA Víctor |
| Relacionado con | Benny Moré, Sonora Matancera |
| Tempo en activo | 1935 - 1989 |
| Web | |
Dámaso Pérez Prado, nado o 11 de decembro de 1916 en Matanzas (Cuba) e finado o 14 de setembro de 1989 na Cidade de México (México), foi un músico, compositor e actor de orixe cubana. É un dos referentes fundamentais do Mambo.
Índice |
Traxectoria[editar]
Estudou música en Cuba. Traballou en diversas orquestras en La Habana nos anos 1940. Foi tamén durante un curto período pianista da Sonora Matancera e da Orquesta Casino de la Playa . En 1948 foise vivir á Cidade de México para crear alí un grupo musical, e alí estivo traballando coa compañía RCA Victor.
Éxitos[editar]
- Cerezo rosa
- Que rico el mambo
- Mambo Nº 5
- Mambo Nº 8
- Mambo del Politécnico
- Mambo Universitario
- La niña popoff
- Patricia
- Mambo en Sax
- Mambo a la Kenton
- El Ruletero
- Mambo en trompeta
- Lupita
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||||||||||||