Ranchera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rancheira")

A ranchera é un xénero musical popular orixinario de México. As súas orixes datan do século XIX, pero foi desenvolvido no teatro nacionalista do período postrevolucionario de 1910 e converteuse na icona da expresión popular de México, un símbolo do país, que foi espallado con salientábel éxito por varios países latinoamericanos, especialmente grazas ao cinema mexicano das décadas de 1940, 1950 e 1960, causando un profundo arraigamento entre os sectores populares e medios. Intérpretes de sona deste xénero son Pedro Infante, José Alfredo Jiménez ou Jorge Negrete, entre outros.