Agustín Lara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustín Lara

Agustín Lara, tamén coñecido co alcume El flaco de oro, nado en Tlacotalpan, no estado de Veracruz, o 30 de outubro de 1897 e finado o 6 de novembro de 1970, foi un compositor e intérprete de cancións populares e boleros mexicano. Foi unhas das figuras máis populares do seu tempo e do seu xénero. A súa obra é amplamente apreciada non só en México, senón en todo o mundo hispano. "Amor de mis amores" ou "Piensa en mí" son títulos da súa autoría.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agustín Lara