Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 - Final

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Final FIFA World Cup 2010
Watching World Cup final in Johannesburg 2010-07-11 1.jpg
Evento Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
Data 11 de xullo de 2010
Estadio Flag of South Africa.svg Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia 84.490 espectadores
Árbitro Inglaterra Howard Webb (Inglaterra)
Destacado España Andrés Iniesta (España)

A Final do Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010 foi un partido de fútbol disputado o 11 de xullo de 2010 no Estadio Soccer City de Xohanesburgo que determinou o campión do mundo de fútbol do mundial de 2010. Xogouse entre as seleccións dos Países Baixos e España, resultando vencedora esta última por 0-1, cun gol de Andrés Iniesta a catro minutos do final da prórroga. O partido destacou polo seu inusual número de cartóns amarelos, a meirande parte producidos polos neerlandeses, que foron criticados polos seu xogo sucio.[1]

Ambos equipos participantes, Países Baixos e España, competían por acadar o seu primeiro título de Campión do Mundo, xa que a selección neerlandesa xogara anteriormente sen éxito as finais de 1974 e 1978 e a española nunca conseguira chegar a unha, sendo o seu mellor posto até ese intre o cuarto acadado no mundial de Brasil 1950 the Netherlands and Spain were attempting to win their first FIFA World Cup. Esta final foi a segunda consecutiva que enfrontaba a equipos europeos e a primeira vez que un equipo dese continente a gañaba fóra do mesmo.

Finalistas[editar | editar a fonte]

Antes deste partido, os Países Baixos e España nunca se atoparan na fase final dun Mundial ou dunha Eurocopa, os dous grandes torneos internacionais con participación de equipos europeos. A nivel global os dous equipos enfrontáronse en nove ocasiones dende 1920, gañando catro veces cada un e empatando unha vez. Estes partidos correspondían xa sexa a amigables, eliminatorias de clasificación para a Eurocopa e un encontro durante os Xogos Olímpicos de Atenas 1920.

Antes da celebración desta final, ningún dos dous equipos gañara o título de o Campión do Mundo anteriormente. Os Países Baixos foran subcampións dúas veces antes, perdendo 2-1 ante o Alemaña Occidental en 1974, e 3-1 ante selección de Arxentina en 1978. Con respecto a España, antes desta cita o seu mellor posto nun mundial fora o cuarto, acadado en 1950, cando o campión se decidiu cunha liguiña de catro equipos, e os cuartos de final en 1934, 1986, 1994 e 2002. Así, España, converteuse na duodécima selección diferente en un xogar unha final da Copa do Mundo, e o equipo novo dende Francia en 1998. Despois do encontro, os Países Baixos xogaron a súa terceira final sen coñecer a vitoria, superando a marca que compartira con Hungría e Checoslovaquia. Con todo, en termos xerais de derrotas en finais, Alemaña é o líder con catro derrotas. Tamén destacar que despois do encontro, España converteuse na oitava selección en gañar o Mundial, uníndose a Inglaterra e a Francia, como equipos que a gañaron unha soa vez.

Antes do partido España tiña unha cualificación Elo de 2111 puntos e os Países Baixos de 2100 puntos. Así, a combinación dos puntos dous finalistas acadaba 4.211 puntos, sendo o número máis alto acadado xamais nun partido de fútbol da historia, superando a marca anterior de 4.161 puntos combinados na final do Mundial de Suíza 1954 entre Hungría e Alemaña Occidental.

Novos rexistros[editar | editar a fonte]

Esta foi a primeira dende a final de 1978, cando Arxentina derrotou aos Países Baixos, na que ningún dos finalistas gañara anteriormente a Copa do Mundo. Foi ademais a primeira final na que non xogou polo un menos un destes equipos: Brasil, Italia, Alemaña e Arxentina; sendo estes historicamente os catro mellores equipos en canto a aparicións en finais de mundiais. Tamén por primeira vez na historia dos mundiais, ningún dos equipos que disputou a final da anterior edición pasou da fase de grupos. O vixente campión, Italia, e o subcampión, Francia, ocuparon as últimas prazas dos seus grupos, o F e o A, respectivamente. Ademais foi a segunda final consecutiva sen participación de Alemaña ou Brasil, e a terceira vez dende 1954 e 1978.

Con dous finalistas europeos, esta foi a primeira vez que un equipo europeo gaña a Copa do Mundo fóra do seu continente. Ademais este título supuxo o décimo dun equipo europeo, superando aos nove títulos de Sudamérica. Ademais esta foi a segunda vez que dous equipos europeos conseguen o título de xeito consecutivo, sendo a outra vez cando Italia venceu en 1934 e 1938. Tamén este partido supuxo o maior rexistro de cartóns amarelos mostrados nunha final de mundial con catorce.

Con respecto á selección vencedora, España, foi a campioa até o momento que venceu logrando meter menos goles, con oito. A marca anterior estaba en posesión de Brasil en 1994, Inglaterra en 1966 e Italia en 1934 con once goles. Con todo, a selección española foi o campión menos goleado ao recibir tan só dous goles, rexistro compartido con Italia en 2006 e Francia en 1998. Ademais foi a única selección en conseguir o título sen recibir nin un só gol na fase eliminatoria. Ademais España foi tamén a primeira selección en gañar o mundial tras perder o primeiro partido do torneo.

Esta final foi a sexta na que se tivo que disputar unha prórroga (anteriormente 1934, 1966, 1978, 1994 e 2006), e a cuarta que se decidiu neste período (xunto coa de 1934, 1966 e 1978), dúas das cales perdidas polos Países Baixos. Ademais esta foi a primeira vez dende 1974 (con Alemaña Occidental) que a actual Campioa de Europa gaña o Mundial. Como dato curioso esta foi a segunda vez que un equipo gaña o mundial coa súa equipación suplente, sendo a primeira en 1966 con Inglaterra.

Camiño á final[editar | editar a fonte]

España entrou na Copa do Mundo de 2010 como Campioa de Europa, tras gañar a UEFA Euro 2008, e, como os posuidores do mellor rexistro de invatibilidade na historia do fútbol internacional, permanecendo invicta en trinta e cinco encontros consecutivos entre 2007 de 2009. Os Países Baixos entraron na Copa do Mundo tras gañar os oito partidos do seu grupo clasificación.

Unha vez na fase final final do mundial, os Países Baixos acadaron os oitavos de final como gañadores da Grupo E, con tres vitorias en tres partidos fronte a Dinamarca, Xapón e Camerún, concedendo ademais tan só un gol. Nos oitavos de final, derrotou á debutante Eslovaquia, a pentacampioa Brasil e a Uruguai. Antes da final os Países Baixos levaban vinte e cinco partido sen coñecer a derrota.

No Grupo H, España recuperouse da derrota ante Suíza no seu primeiro partido para vencer a Honduras e logo Chile, acabando primeiros de grupo. Nos oitavos de final, eliminaron á selección de Portugal, á debutante nos cuartos de final Paraguai, e aos tricampións de Alemaña nas semifinais. Ese último encontro foi unha repetición da final da Eurocopa de 2008, vencendo de novo España por 1-0 aos que foran até ese intre o equipo máximo goleador do torneo.

Nos seis partidos que ambos equipos xogaron até chegar á final en Suráfrica, os Países Baixos marcaran un total de doce goles a favor e cinco en contra, mentres que España marcara sete e concedera dous. Ao entrar na final, o neerlandés Wesley Sneijder e o español David Villa estaban empatados como os máximos goleadores do torneo con cinco tantos cada un; Arjen Robben dos Países Baixos, con dous era o único outro xogador dos equipos dos finalistas con máis dun gol no torneo.

Países Baixos Rolda España
Rival Resultado Fase de grupos Rival Resultado
Dinamarca Dinamarca 2 – 0 Partido 1 Suíza Suíza 0 – 1
Flag of Japan.svg Xapón 1 – 0 Partido 2 Flag of Honduras.svg Honduras 2 – 0
Flag of Cameroon.svg Camerún 2 – 1 Partido 3 Flag of Chile.svg Chile 2 – 1
Equipo P V E D GF GC DG Pts
Países Baixos 3 3 0 0 5 1 +4 9
Xapón 3 2 0 1 4 2 +2 6
Dinamarca 3 1 0 2 3 6 −3 3
Camerún 3 0 0 3 2 5 −3 0
Clasificación final
Equipo P V E D GF GC DG Pts
España 3 2 0 1 4 2 +2 6
Chile 3 2 0 1 3 2 +1 6
Suíza 3 1 1 1 1 1 0 4
Honduras 3 0 1 2 0 3 −3 1
Rival Resultado Fase final Rival Resultado
Eslovaquia Eslovaquia 2 – 1 Oitavos Flag of Portugal.svg Portugal 1 – 0
Flag of Brazil.svg Brasil 2 – 1 Cuartos Flag of Paraguay.svg Paraguai 1 – 0
Flag of Uruguay.svg Uruguai 3 – 2 Semifinais Alemaña Alemaña 1 – 0

Ficha do encontro[editar | editar a fonte]

Países Baixos 0 - 1 España 11 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.490 espectadores
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Informe Iniesta Anotado no 116 ° minuto 116'
 
Países Baixos


España


Países Baixos
PAÍSES BAIXOS:
PO 1 Maarten Stekelenburg
DF 2 Gregory van der Wiel   Otorgada no minuto 111 ° 111'
DF 3 John Heitinga   Outorgado no 57 ° minutoOutorgado outra vez no 109 ° minutoExpulsado no minuto 109 ° 57', 109'
DF 4 Joris Mathijsen   Otorgada no minuto 117 ° 117'
DF 5 Giovanni van Bronckhorst (c)   Otorgada no minuto 54 ° 54' Sae aos 105 minutos 105'
ME 6 Mark van Bommel   Otorgada no minuto 22 ° 22'
ME 8 Nigel de Jong   Otorgada no minuto 28 ° 28' Sae aos 99 minutos 99'
ME 11 Arjen Robben   Otorgada no minuto 84 ° 84'
ME 10 Wesley Sneijder
ME 7 Dirk Kuyt Sae aos 71 minutos 71'
DI 9 Robin van Persie   Otorgada no minuto 15 ° 15'
Substitucións:
DF 15 Edson Braafheid Entra aos 105 minutos 105'
ME 17 Eljero Elia Entra aos 71 minutos 71'
ME 23 Rafael van der Vaart Entra aos 99 minutos 99'
Adestrador:
Flag of the Netherlands.svg Bert van Marwijk
Aliñacións iniciais
España
ESPAÑA:
PO 1 Iker Casillas (c)
DF 3 Gerard Piqué
DF 5 Carles Puyol Otorgada no minuto 16 ° 16'
ME 6 Andrés Iniesta Otorgada no minuto 118 ° 118'
DI 7 David Villa Sae aos 106 minutos 106'
ME 8 Xavi Otorgada no minuto 120+1 ° 120+1'
DF 11 Joan Capdevila Otorgada no minuto 67 ° 67'
ME 14 Xabi Alonso Sae aos 87 minutos 87'
DF 15 Sergio Ramos Otorgada no minuto 23 ° 23'
ME 16 Sergio Busquets
ME 18 Pedro Rodríguez Sae aos 60 minutos 60'
Substitucións:
DI 9 Fernando Torres Entra aos 106 minutos 106'
ME 10 Cesc Fàbregas Entra aos 87 minutos 87'
ME 22 Jesús Navas Entra aos 60 minutos 60'
Adestrador:
España Vicente del Bosque

Xogador da final:
España Andrés Iniesta

Árbitros asistentes:
Inglaterra Darren Cann (Inglaterra)
Inglaterra Mike Mullarkey (Inglaterra)
Cuarto árbitro:
Flag of Japan.svg Yuichi Nishimura (Xapón)
Quinto árbitro:
Flag of Japan.svg Toru Sagara (Xapón)

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Global
Países Baixos España
Goles marcados 0 1
Disparos 13 18
Tiros a porta 5 8
Posesión do balón 43% 57%
Lanzamentos de corner 6 8
Faltas cometidas 28 18
Foras de xogo 7 6
Cartón amarelo 8 5
Dobre amonestación 1 0
Cartón vermello 0 0

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 - Final

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]