Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vodacom Park
 |
Vrystaatstadion |
| Datos |
| Localización |
Bloemfontein, Sudáfrica |
| Inauguración |
1952 |
| Renovación |
2008 |
| Superficie |
Céspede |
| Capacidade |
48.000 |
| Eventos |
|
|
O Free State, chamado por motivos publicitarios Vodacom Park, é un estadio situado en Bloemfontein, Sudáfrica, utilizado para encontros de fútbol e de rugby, con capacidade para 48.000 persoas. Será unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010. O seu nome procede da provincia na que está situado, a provincia do Estado Libre (en inglés: Free State).
Inaugurado en 1952, o estadio sufriu unha completa remodelación con ocasión da Copa do Mundo de Rugby de 1995, da que foi sede, para albergar indistintamente encontros de rugby e de fútbol. Os principais equipos de rugby que utilizan o estadio son o Free State Cheetahs, que participa na competición nacional de Sudáfrica , a Currie Cup; e o Central Cheetahs, que representa o Estado Libre e as provincias do Cabo Norte no Super 14. O principal equipo de fútbol é o Bloemfontein Celtic, que xoga na liga Premier de Fútbol.
Para a Copa Mundial de Fútbol de 2010, engadiuse un segundo nivel á tribuna principal no lado occidental do campo, aumentando a capacidade total de 36.538 a 48.000 espectadores, aforamento necesario para os estadios na primeira e segunda roldas de partidos do campionato. Ademais, instaláronse novos tornos, mellorouse a iluminación, foron instalados cadros electrónicos, o sistema de son foi renovado ás normas esixidas, instalación de CPTV (circuíto pechado de televisión) e maiores facilidades para os medios de comunicación como melloras das instalacións. Para renovar o estadio, Bloemfontein recibiu 221 millóns de rands, aínda que as estimacións de gastos son de 245 millóns, xa que a cidade decidiu asumir un déficit de 24 millóns.[1] Os traballos comezaron en xullo de 2007, e a súa finalización produciuse en setembro de 2008.[2]
Copa do Mundo 2010 [editar]
Vista exterior do estadio.
O Nelson Mandela Bay albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
|
|
|
!ke e:

ǀxarra ǁke
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|