Estadio Royal Bafokeng

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Royal Bafokeng
Royal Bafokeng Stadium, Phokeng.jpg
Flag of South Africa.svg Royal Bafokeng-stadion
Datos
Localización Rustenburg, Suráfrica
Construción
Inauguración 1999
Renovación 2009
Custo $270 millóns
Estadio
Superficie Céspede
Capacidade 44.530
Propietario Tribo Royal Bafokeng
Eventos

O Royal Bafokeng é un estadio multipropósito, mais principalmente dedicado á práctica do fútbol e do rugby, situado en Rustenburg, Suráfrica. Recibe o seu nome da Nación Royal Bafokeng que habita a zona, a cal construíu e xestiona o recinto. Foi unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Historia[editar | editar a fonte]

Construído en 1999, orixinalmente para a practica do rugby, o estadio foi adecuado para a práctica do fútbol de cara á Copa do Mundo. Tiña capacidade para 38.000 espectadores, mais para a disputa do Mundial de 2010 foi ampliado a 44.530 afeccionados.[1]

A remodelación do Royal Bafokeng completouse en marzo de 2009 para acoller catro partidos da Copa FIFA Confederacións 2009. Anteriormente fora escenario de moitos encontros da Premier Soccer League, a pesar de que Rustenburg non conta con equipo propio. Tamén neste estadio xogáronse encontros oficiais da selección de fútbol de Suráfrica.[2]

Copa do Mundo 2010[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Partidos[editar | editar a fonte]

Interior do Royal Bafokeng.

O Royal Bafokeng albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
12 de xuño Primeira rolda Inglaterra Inglaterra
1 - 1
Flag of the United States.svg Estados Unidos
38.646
15 de xuño Primeira rolda Nova Zelandia Flag of New Zealand.svg
1 - 1
Eslovaquia Eslovaquia
23.871
19 de xuño Primeira rolda Ghana Flag of Ghana.svg
1 - 1
Australia Australia
34.812
22 de xuño Primeira rolda México Flag of Mexico.svg
0 - 1
Flag of Uruguay.svg Uruguai
33.425
24 de xuño Primeira rolda Dinamarca Dinamarca
1 - 3
Flag of Japan.svg Xapón
27.967
26 de xuño Oitavos de final Estados Unidos Flag of the United States.svg
1 - 2
Flag of Ghana.svg Ghana
34.976

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Royal Bafokeng